[04-01-2018] Este venres, 5 de xaneiro, as nenas e nenos amesáns celebrarán a chegada dos Reis Magos cunha festa moi especial, que se desenvolverá nos pavillóns municipais do Milladoiro e Bertamiráns. Con anterioridade ao comezo da festa, os Reis Magos pasarán polas Oficinas municipais do Milladoiro e pola Casa do Concello de Bertamiráns para deixar a súa firma estampada no libro municipal de sinaturas. Posteriormente, percorrerán as rúas do Milladoiro e Bertamiráns ata os pavillóns municipais, ás 17:30 horas e ás 18:30 horas respectivamente. No recibimento aos Reis haberá chocolate con rosca para merendar.
Antes de entregárense a unha noite chea de traballo, Melchor, Gaspar e Baltasar pasarán polo Concello de Ames para visitar e coñecer ás nenas e nenos amesáns. Co obxectivo de asinaren o libro de sinaturas municipal, os Reis Magos serán recibidos nas Oficinas xerais do Milladoiro, ás 17:00 horas, e na Casa do Concello en Bertamiráns, ás 18:00h. Posteriormente, as Súas Maxestades percorrerán, en coche, as rúas do Milladoiro (rúa Agro do Medio e dos Cereixos e Travesía do Porto) e de Bertamiráns (prazo do Concello e avenidas da Maía e da Peregrina). Nas dúas localidades produciranse cortes de tráfico esporádicos nas rúas polas que pase a comitiva real.
A recepcións aos Reis, unha grande festa que se desenvolverá nos pavillóns municipais, comezará ás 17:30h no Milladoiro e ás 18:30 en Bertamiráns. A festa incluirá tres espectáculos de pompas, con aros e aéreos. Ademais, de merenda haberá chocolate con rosca. A recepción real desenvolverase ao longo de 90 minutos, no que as nenas e nenos asistentes se poderán fotografar e conversar cos Reis Magos de Oriente.
Concurso de Cartas de Nadal
Este Nadal, os Concellos de Ames, Teo e Santiago puxeron en marcha, por terceiro ano consecutivo e en colaboración coa Maxia do Nadal, unha iniciativa que procurou encher de contido as cartas coas que as cativas e os cativos piden os agasallos. Nesta edición, na que o lema foi Ponlle cor á lingua, animouse ás crianzas a colear a súa lingua, o galego, das tonalidades que considerasen máis axeitadas. Os motivos da escolla dunhas ou outras puideron ser compartidas, desde xeito, cos Reis Magos, o Apalpador ou Papá Noel, nunha carta que ben podía estar escrita, debuxada ou decorada.
Gaspar, Melchor e Baltasar, os tres moi amigos das linguas, serán os encargados de entregar os premios deste concurso durante a festa de reis deste venres. Haberá seis premios para as cartas máis interesantes e creativas e algunha delas ilustrará a programación de Nadal do vindeiro ano.
Contido relacionado

Lindeiros: "Os Reis Magos chegan a bisbarra"
La Voz de Galicia: "Los concellos organizan fiestas de recepción, en muchos casos con recorridos por las calles principales"




