Pestanas principais

Os Reis Magos recorren Ames

Luns, 05 de xaneiro de 2026

O Concello de Ames recibiu esta mañá a visita de Melchor, Gaspar e Baltasar, os cales comezaron o seu periplo en terras amesáns visitando todas as parroquias. As súas Maxestades, comezan así unha andadura que chegará ao seu cume pola tarde, cando se celebren as cabalgatas tanto do Milladoiro como de Bertamiráns e as posteriores Festas de Reis en sendos pavillóns, con chocolate, rosca e música.

As Súas Maxestades os Reis Magos visitaron ao longo desta mañá as parroquias que conforman o Concello de Ames. Deste xeito, Melchor, Gaspar e Baltasar, comezaron o seu traxecto ás 10.00 horas pasando polas parroquias de Ameixenda e Cruxeiras. 

Seguidamente, pasaron por Aguapesada, ás 10.30 horas antes de chegar a Piñeiro e Covas ás 11.00 horas. Xa ás 11.30 horas, pasaron por Tapia e Ortoño, e ás 12.00 horas chegaron a Lens. A quenda de Agrón e Bugallido chegou ás 12.30 horas, e a de Transmonte, ás 13.00 horas. O recorrido rematou ás 13.30 horas na parroquia de Biduído. 

Cabalgatas de Reis pola tarde
Como cada ano, pola tarde será a quenda das cabalgatas no Milladoiro e en Bertamiráns. Ás 17.00 horas, os Reis sairán da Igrexa do Milladoiro e recorrerán as rúas ata chegar ao pavillón municipal ás 18.00, onde se celebrará a Festa de Reis con chocolate, rosca (con opción sen glute), actuacións musicais e DJ. 

Ás 19.00 horas, os Reis Magos farán o propio en Bertamiráns, partindo dende a nave de Obras, en Lapido, ata chegar ao pavillón ás 20.00 horas e dar comezo á Festa de Reis, na que tamén haberá chocolate, rosca (con opción sen glute), actuacións musicais e DJ. 

En ambas cabalgatas unha boa parte dos caramelos que as Súas Maxestades lanzarán dende as carrozas serán doados polo comercio do Milladoiro Center Paloma, situado na Rúa Pardiñeiros 13, que achegou un total de 50 quilos de lambetadas sen glute para repartir entre o Tren de Nadal e as cabalgatas e Festas de Reis.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Los Reyes Magos visitan el rural de Ames"

Os Reis Magos recorren Ames

Multimedia

  • Os Reis Magos recorren Ames
  • Os Reis Magos recorren Ames
  • Os Reis Magos recorren Ames
  • Os Reis Magos recorren Ames