[02-03-2016] A OMIX abriu xa o prazo de inscrición para o obradoiro de break-dance que impartirá a Vella Escola nas Casas da Cultura de Bertamiráns, os martes, e do Milladoiro, os xoves. Os horarios do curso, de tipo intensivo, serán en ambos casos de 18:30 a 20:00 horas e impartiranse ao longo de tres meses. A actividade é completamente gratuíta e comezará en canto haxa inscritos dez rapaces ou rapazas nalgunha das dúas aulas. A matrícula está aberta para os alumnos e alumnas da ESO de 12 anos en adiante. Podes obter o formulario de inscrición premendo, á túa dereita, a ligazón situada baixo o apartado de descargas. Para máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezoomix@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 616083229.




