Pestanas principais

Os rapaces e rapazas do Bertamiráns FC e o Victoria CF, gañadores do III Torneo de Nadal de Fútbol

Mércores, 08 de xaneiro de 2020

O III Torneo de Nadal de Fútbol do Concello de Ames, celebrado no campo de fútbol de Bertamirás os días 2 e 3 de xaneiro, tivo como gañadores/as ás rapazas e rapaces do Bertamiráns FC e o Victoria CF. Mentres que o primeiro dos equipos se facía ca vitoria nas categorías alevín e benxamín, foi o Victoria CF o que acabou vencedor na terceira das categorías, a prebenxamín.

Durante os pasados días 2 e 3 de xaneiro, disputouse por terceiro ano consecutivo o Torneo de Nada de Fútbol -8 do Concello de Ames. O torneo, organizado polo Concello de Ames cos clubs de fútbol Bertamiráns FC e Milladoiro SD, contou con moita expectación nas gradas durante ambos días.

O primeiro día, o xoves 2 de xaneiro, disputáronse os partidos das categorías prebenxamín e benxamín. O campión da primeira categoría foi o Victoria CF, que acabou vencendo na final contra o Salvora CF. En canto á benxamín, proclamouse vencedor o Betamiráns A, equipo formado por rapaces do Bertamiráns FC. Os trofeos foron entregados por Blas García, Manuel Lens e Susana Señorís en representación do Concello de Ames.

Xa o día 3, disputouse a final da categoría alevín, na que conseguiron a vitoria os rapaces e rapazas do Bertamiráns A, despois dun partido no que acabaron catro goles a cero contra o Victoria CF. En canto ao partido da final de consolación, resultou vencedor o Bertamiráns C, cun marcador a 3-0 contra o Bertamiráns D. Nesta segunda xornada do torneo, os encargados de entregar os trofeos foron os concelleiros Blas García, Susana Señorís e Ana Belén Paz.

Concluídas estas emocionantes xornadas de fútbol, cómpre agradecer a participación no torneo ao ED Xuventude Oroso, Salvora CF, ATL Fátima, Porto do Son CF, Vitoria CF, Milladoiro SD e o Bertamiráns FC, que o deron todo no terreo de xogo.

 

Novas relacionadas:

Compostela 24 horas: "Os rapaces do Bertamiráns FC e o Victoria CF, gañadores do III Torneo de Nadal de Fútbol"

III Torneo de Nadal de Fútbol do Concello de Ames

Multimedia

  • III Torneo de Nadal de Fútbol do Concello de Ames
  • III Torneo de Nadal de Fútbol do Concello de Ames
  • III Torneo de Nadal de Fútbol do Concello de Ames
  • III Torneo de Nadal de Fútbol do Concello de Ames
  • III Torneo de Nadal de Fútbol do Concello de Ames
  • III Torneo de Nadal de Fútbol do Concello de Ames