[02-08-2017] O verán tamén chegou aos puntos de asesoramento da Unión de Consumidores de Galicia do Milladoiro e Bertamiráns. Por este motivo, as oficinas terán un horario diferente ao habitual durante o mes de agosto. Os técnicos da UCGAL atenden ás persoas consumidoras do Milladoiro nas instalacións da rúa Viorneira, número 6, baixo, mentres que en Bertamiráns as oficinas están situadas no Pazo da Peregrina.
Do 7 ao 11 de agosto e do 28 ao 30 do mesmo mes, a oficina de Bertamiráns permanecerá pechada, polo que se atenderá exclusivamente no punto de asesoramento do Milladoiro. Ao longo de agosto, durante as semanas que permanecerá aberta, a oficina de Bertamiráns (avenida da Peregrina, número 16 - no propio Pazo), atenderá os mércores, de 16:30h a 20:30 horas, e os xoves de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 20:30 horas.
A oficina de Milladoiro, pola súa banda, estará pechada entre o 14 e o 25 de agosto, polo que durante estas dúas semanas a atención estará restrinxida á oficina de Bertamiráns. Así, o punto de asesoramento do Milladoiro (rúa Viorneira, número 6, baixo) atenderá durante agosto os luns, de 10:00h a 14:00 horas, e os martes, de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 20:30 horas.
Preto dun ano de asesoramento
A Unión de Consumidores de Galicia comezou a ofrecer un servizo de asesoramento gratuíto á veciñanza amesá a finais de novembro de 2016, a raíz dun convenio asinado polo Concello de Ames e a propia Unión de Consumidores de Galicia. O obxectivo destas oficinas é ofrecer, fundamentalmente, asesoramento en materia de consumo e mecanismos de reclamación, así como a organización de xornadas informativas sobre diferentes temas. Para solicitar información ou pedir cita previa é preciso chamar ao número de teléfono 662 130 312.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Horario estival para las dos oficinas de la Unión de Consumidores en Ames"




