Pestanas principais

Os obradoiros de costura para principiantes, corte, confección e patronaxe abren o prazo de matrícula

Martes, 11 de outubro de 2016

[11-10-2016] A Oficina de Voluntariado de Ames abre o prazo de inscrición nos obradoiros de costura para principiantes, corte, confección e patronaxe. Estas actividades terán lugar nas aulas da Casa da Cultura de Bertamiráns, todos os xoves en horario de 10:00 a 12:00 horas. Hai 15 prazas dispoñibles no curso de iniciación e outras 15 no curso para persoas con coñecementos máis avanzados. Para solicitar máis información poden chamar ao teléfono 662 337 044.


A Oficina de Voluntariado de Ames ofrece dende hai anos as actividades de costura para principiantes, así como de corte, confección e patronaxe. As aulas están a cargo das mestras voluntarias Braulia Hernández e Herminia Abete. O obradoiro organizouse en dous cursos segundo o nivel de coñecemento das persoas participantes. No primeiro grupo obteranse coñecementos básicos de costura “de botiquín”: coser un botón, reparar unha costura ou subir os baixos dun pantalón. As labores do segundo centraranse xa na patronaxe, na costura e confección. Material como as máquinas de coser será proporcionado pola propia Oficina de Voluntariado.

As clases impartiranse, de forma simultánea, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Terán lugar todos os xoves, entre outubro e o mes de xuño, en horario de 10:00 a 12:00 horas. Tanto a inscrición como a participación son completamente de balde. Ambos cursos dispoñen dun total de 15 prazas, que se encherán por orde de inscrición. Aquelas persoas que non obteñan praza pasarán a formar parte dunha lista de agarda. Para solicitar máis información pódese chamar ao teléfono 662 337 044. A final de curso realizarase unha mostra coas labores creadas ao longo do curso no centro sociocultural de Bertamiráns.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Abren o prazo en Ames para inscribirse nos cursos de costura e patronaxe"