Pestanas principais

Os nenos/as da escola municipal infantil O Bosque foron de excursión ata a praza de Chavián

Xoves, 26 de maio de 2011

[26-05-2011] Un ano máis a Escola Infantil Municipal O Bosque puxo en marcha unha serie de actividades, que se enmarcan dentro do programa Coñecendo o entorno máis próximo, e que pretenden achegar aos nenos e nenas ao seu exterior máis inmediato, así como ensinarlle o funcionamento de distintos organismos que son fundamentais para a súa vida diaria. Deste xeito, 40 nenos/as de 1 a 2 anos participaron nunha excursión á praza de Chavián, en Bertamiráns. O obxectivo desta actividade foi gozar dun día no parque e coñecer as instalacións que hai no contorno desta praza.


Dar a coñecer aos máis pequenos o seu contorno inmediato de forma que poidan desenvolverse no seu día a día e aprender sobre aquilo que teñen máis achegado son os obxectivos do programa "Coñecendo o entorno máis próximo". Nesta ocasión, arredor de 40 nenos e nenas de 1 a 2 anos de idade da Escola Infantil Municipal O Bosque de Bertamiráns visitaron a praza de Chavián. Alí puideron xogar no parque infantil e coñecer as instalacións municipais que hai no contorno desta praza.

Os nenos e nenas foron en autobús ata a praza de Chavián. Aos pequeno/as gústalles moito viaxar en autobús xa que non están acostumados a empregar este vehículo. Unha vez chegaron ao seu destino puideron xogar ao aire libre no parque infantil e gozar dunha mañá diferente. Tralos xogos repuxeron forza comendo uns petiscos. Ás 12:00 horas xa estaban de volta na escola para poder xantar e durmir a sesta. Esta actividade está recollida na programación anual da escola para este grupo de idade.

Esta saída non é a única que realizaron os pequenos ao longo do ano. Xa no mes de abril puideron levar a cabo outra saída para coñecer a granxa de Liñares, en Cabana. Alí complementaron o que aprenderan na escola sobre os animais coa observación directa desta explotación de vacas onde puideron divertirse visitando os animais nas cortes, vendo muxir as vacas e subindo ao tractor. Ademais, tiveron unha merenda con leite, zume e petiscos.

A Escola infantil O Bosque realiza periodicamente actividades que complementan as unidades didácticas que se tratan nas aulas. Esta excursión, que levou aos nenos e ás nenas á praza de Chavián, encádrase dentro do programa Coñecendo o entorno máis próximo, que pretende achegar aos nenos e nenas ao seu exterior máis inmediato, así como ensinarlle o funcionamento de distintos organismos que son fundamentais para a súa vida diaria.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "De paseo por Bertamiráns"