Pestanas principais

Os nenos e nenas de 2 a 3 anos da escola infantil municipal O Bosque celebraron o festival de curso na Casa da Cultura de Bertamiráns

Venres, 13 de xuño de 2014

[13-06-2014] O alumnado da escola infantil municipal O Bosque, de Bertamiráns, despediu o curso cun festival onde realizaron unha representación musical. Os nenos/as de 2 a 3 anos, que deixan a escola infantil de cara ao vindeiro curso, recibiron o seu diploma de graduación e unha gorra de agasallo. A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este festival no que tamén participaron pais/nais e as profesoras da escola infantil. En representación do goberno municipal asistiu o concelleiro de Educación, Bernardo Moar. Tamén asistiu a concelleira do grupo municipal socialista, Isabel González.


A continuación, realizouse a proxección dun vídeo sorpresa. O persoal deste centro de ensino, como ven facendo nos últimos festivais, preparou para todos os asistentes a proxección dun vídeo resumo no que se recollían os cambios que experimentaron os nenos e nenas dende a súa chegada á escola (algúns aos 3 meses) ata a actualidade. Os pais e nais poderán facer unha copia deste vídeo para que lles quede de recordo do paso dos seus fillos/as pola escola infantil municipal O Bosque.

Deseguido, realizouse a xa tradicional entrega dos diplomas de graduación, que acreditan que os cativos/as de entre 2 e 3 anos, xa remataron os seus estudos neste centro educativo. O festival rematou coa representación do conto infantil A ovelliña que veu cear, a cargo das profesoras e do persoal da escola infantil O Bosque.

Os nenos e nenas de 2 a 3 anos remataron a súa andaina na escola infantil municipal O Bosque e para o próximo curso terán que comezar os seus estudos nos colexios de segundo ciclo de infantil. Para despedilos como se merecen organizouse un festival na Casa da Cultura de Bertamiráns no que tamén participaron os pais e nais do alumnado, as profesoras e o persoal da escola infantil O Bosque.

O festival de despedida de curso comezou cunha actuación musical por parte dos nenos e nenas que rematan a súa estadía nesta escola. Os alumnos e alumnas, que están repartidos en tres aulas, interpretaron dúas cancións infantís e unha muiñeira.