[18-06-2014] Durante o mes de maio a programación de actividades educativas que se levaron a cabo na escola infantil da Madalena centrouse na temática dos animais. Ademais de todas as actividades que se fixeron na aula relacionadas co tema dos animais, organizaron unha visita á Granxa ecuestre La Croupe, que está situada no lugar de Pegariños. Neste lugar, os nenos/as puideron montar nos ponis, ver diferentes animais como cabalos, un mono, un burro, unha llama, un mapache, cans, gatos e unha tartaruga. Os nenos/as viviron unha experiencia moi gratificante na que ademais de aprender se divertiron.
Os nenos e nenas de 2 a 3 anos de idade da Escola Infantil municipal A Madalena do Milladoiro coñeceron unha granxa como complemento do traballo de aprendizaxe sobre os animais que levaron a cabo estes días na escola. O centro ecuestre La Croupe acolleu a un grupo de 60 alumnos/as con moitas ganas de aprender e divertirse vendo todo tipo de animais como mapaches, tartarugas, llamas, cabalos, gatos, cans monos, etc.
Ademais, os traballadores explicáronlle aos nenos/as como se coidan estes animais, o que lle botan de comer, as súas costume... Os cativos/as puideron tocalos e gozar dunha xornada moi instrutiva e lúdica. Ademais, os nenos e nenas puideron dar un paseo en poni. Isto foi o que máis lles gustou aos nenos e nenas de todo o que fixeron durante esta excursión.
Esta visita enmárcase dentro da programación educativa do segundo trimestre. Durante o mes de maio o alumnado desta escola infantil estivo traballando nas aulas sobre os animais. Para completar esta actividade, os nenos e nenas visitaron unha granxa na que puideron gozar o aire libre e ver como viven certos animais, que algúns nenos/as non están acostumados a ver.
A Escola infantil A Madalena realiza periodicamente actividades que complementan as unidades didácticas que se tratan nas aulas. Esta excursión, que levou aos nenos e ás nenas á granxa por un día, encádrase dentro desta idea pedagóxica.




