Pestanas principais

Os nenos e nenas da Escola Municipal Infantil A Madalena visita Correos para coñecer o seu funcionamento e enviar unha carta

Sábado, 19 de marzo de 2016

[19-03-2016] Os alumnos e alumnas de 2 a 3 anos da Escola Infantil Municipal de A Madalena aprenderon a enviar cartas a través do servizo de correos. Nas clases, coa axuda das mestras, nenos e nenas escribiron cartas ás súas familias, que gardaron- tras metelas nun sobre- nas súas mochilas. Acompañados polas profesoras, pequenos e pequenas acudiron á oficina de Correos máis próxima á súa escola para botalas no buzón e, de paso, aprender un pouco máis sobre o servizo que prestan á veciñanza estas oficinas. Esta actividade encádrase dentro do programa de saídas que realizan ao longo do ano, para ir coñecendo os servizos do seu entorno que son fundamentais para a súa vida diaria.


Pequenos e pequenas puxéronlle o selos ás súas cartas e cuñáronas. A continuación, metéronas na caixa de correos e trasladáronas nos carriños que levan os encargados da oficina Ademais, o persoal da oficina ensinoulles a moto de reparto.

A oficina de Correos do Milladoiro sitúase na rúa Agro da Madalena, preto da Escola Infantil Municipal A Madalena. Ben organizados, en filas para non perderse, nenos e nenas deron un paseo até a sede de correos do núcleo urbano. Alí o persoal da oficina explicoulles como traballan para que as cartas, postais e paquetes que reciben cada día cheguen aos seus destinos.