Pestanas principais

Os nenos e nenas da escola infantil O Bosque visitaron o Pazo da Peregrina

Mércores, 16 de novembro de 2011

[16-11-2011] Tal e como se reflicte na programación deste trimestre, os nenos e nenas da escola infantil municipal O Bosque están realizando diversas actividades relacionadas coa chegada do outono. Co obxectivo de coñecer o contorno máis próximo realizan varias excursións, sempre relacionadas con algún dos temas que tratan na programación de actividades que se levan a cabo nas aulas. Durante o mes de novembro os cativos/as de 2 a 3 anos e as profesoras deste centro de ensino visitaron o Pazo da Peregrina de Bertamiráns para recoller follas que caen das árbores, observar os cambios que se producen na natureza durante esta estación e comer uns petiscos. Ademais, ao longo desta semana están preparando a festa do magosto que realizarán este venres, 18 de novembro.


A segunda parte desta actividade abordou a seguridade viaria. Aproveitando que os cativos se desprazaron andando ata o Pazo da Peregrina, os nenos e nenas trataron diferentes temas transversais de educación viaria para aprender a cruzar polos pasos de peóns, respectar a cor verde do semáforo para cruzar, etc.

Todas estas actividades do programa Coñecendo o contorno máis próximo pretenden achegar os nenos e nenas ao seu exterior máis inmediato, así como ensinarlles o funcionamento de distintos organismos que son fundamentais para a súa vida diaria.


Todos os trimestre os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal O Bosque realizan algunha excursión para tratar algún dos temas que se están incluídos dentro da programacións escolar do centro de ensino. Este mes estase traballando sobre a chegada do outono e para tratar este tema que mellor que ir de excursión ata o Pazo da Peregrina. A viaxe constou de dúas partes. Primeiro os nenos e nenas tiveron que desprazarse ata o Pazo camiñando acompañados das súas profesoras. Deste xeito os nenos/as tamén aprenden a respectar a cruzar polas pasos de peóns e as sinais.

Nesta actividade participaron os nenos e nenas de 2 a 3 anos. Os cativos realizaron a excursión separados por aulas e acompañados polas educadoras e mestras correspondentes. Saíron da escola e foron camiñando ata chegar ao Pazo. Alí recolleron follas e observaron os cambios que se producen na natureza durante os meses de outono. Ademais, observaron os animais que andan entre as follas que caen das árbores. Antes de regresar á escola fixeron un descanso para tomar uns petiscos. Despois nas aulas conversaron e fixeron murais para ir preparando a aula para a gran festa do magosto que realizarán este venres 18 de novembro.


Cada trimestre os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal O Bosque realizan varias excursións, sempre relacionadas con algún dos temas que tratan na programación de actividades que se levan a cabo nas aulas. Durante o mes de novembro os cativos e profesoras deste centro de ensino están celebrando a chegada do outono. Con motivo desta celebración os nenos e nenas de 2 a 3 anos puideron ir de visita ao Pazo da Peregrina para recoller follas que caen das árbores, observar os cambios que se producen na natureza durante esta estación e comer uns petiscos.

Como vén sendo habitual durante os últimos cursos, os rapaces de 2 a 3 anos da EIM O Bosque saíron das aulas para coñecer o seu contorno. Esta vez tocou visitar o Pazo da Peregrina.