[21-12-2011] Os nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil Municipal O Bosque visitaron a oficina de Correos de Bertamiráns para enviarlles aos Reis Magos as cartas que estiveron facendo na escola. Chega o Nadal e con el chegan Papá Noel e os Reis Magos e os nenos e nenas piden os seus agasallos para este ano. Por iso na EIM O Bosque os nenos/as escribiron os seus desexos nunha carta que logo lle enviaron aos Magos de Oriente, e que estes responderán na noite do día 5 de xaneiro. Se se portaron ben, seguro que os Reis Magos lles traen algo.
Aproveitando esta visita os empregados da oficina de Correos ensináronlles aos nenos e nenas as instalacións e explicáronlles como facían para que as cartas chegasen ata os Reis Magos e así estes soubesen que agasallo quere cada neno/a. O encargado da oficina deulles varios regalos que cada neno e nena puido levar á súa casa. Ao rematar a visita nenos, nenas e mestras volveron en autobús á escola para seguir con normalidade as actividades de cada día.
As escolas infantís municipais de Ames fan moitas actividades lúdicas durante o ano nas que os nenos e nenas ademais de divertirse, se educan en valores e aprenden novas cousas sobre o mundo que os rodea. Entre as actividades que fan está a vendima, o magosto e o Samaín.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Niños de la comarca esciben a los Reyes Magos"




