Pestanas principais

Os nenos e nenas da escola infantil municipal O Bosque participan nunha saída a unha explotación láctea

Xoves, 16 de marzo de 2017

[16-03-2017] Os nenos e nenas de 2 a 3 anos da escola infantil municipal O Bosque adicaron o mes de febreiro a traballar a temática dos animais. A través de láminas e vídeos coñeceron distintos tipos de animais, o hábitat no que viven e o seu modo de vida. Como colofón ao traballo realizado nas aulas os rapaces e rapazas participaron nunha excursión á explotación láctea Finca Cruceiro, onde lles explicaron o traballo que realizaban para darlle de comer as vacas, recoller o leite, coidar os tenreiros, empregar o tractor, etc. Esta actividade enmárcase dentro da programación anual da escola.

O pasado mércores, 8 de marzo, os nenos e nenas de 2 a 3 anos da escola infantil municipal O Bosque foron de excursión á explotación láctea Finca Cruceiro, que está situada na Escravitude. Trátase dunha explotación gandeira, que entre outras cousas recolle leite para a empresa Nestle, para elaborar leite condensada, doce de leite e leite evaporada. Esta saída realizouse para complementar o que os rapaces e rapazas aprenderan anteriormente nas aulas.

O alumnado desprazouse ata esta explotación láctea en autobús. Ao chegar a este lugar, os nenos e nenas foron recibidos polos propietarios da explotación gandeira e polos representantes de Nestle, que lle explicaron todo o que facían para dar de comer as vacas, recoller o leite, coidar os tenreiros, empregan o tractor, etc. Nelas os pequenos e pequenas puideron experimentar directamente o traballo nunha granxa e ter contacto cos animais.

Nesta explotación gandeira había unha burriña moi mansa, na que puideron subir os nenos/as e acariciala. Despois puideron ver a ver a zona onde están os tenreiros recen nacidos e a sala de muxir as vacas. Antes de marchar os representantes de Nestle entregáronlle unha bolsa con varios produtos lácteos a cada un dos alumnos/as. Os nenos e nenas gozaron moito con esta actividade. Para eles foi unha experiencia moi gratificante na que aprenderon moito.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Escolares de último año de O Bosque conocen una explotación láctea"