Pestanas principais

Os nenos e nenas da escola infantil municipal A Madalena visitaron a Casa do Concello de Ames

Venres, 09 de maio de 2014

[09-05-2014] Un ano máis e antes de rematar o curso os alumnos/as da escola infantil municipal da Madalena visitaron a Casa do Concello de Ames. Os nenos e nenas desprazáronse en autobús ata Bertamiráns. Despois acompañados das profesoras da escola infantil subiron ao salón de Plenos onde estiveron acompañados do alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, e da concelleira de Cultura e Benestar Social, María Eugenia Martín. Os rapaces, de 2 e 3 anos, puideron sentarse nas cadeiras que ocupan o alcalde e os concelleiros durante os Plenos. A continuación baixaron á praza do Concello, onde subiron nun dos coches da Policía Local de Ames.


Despois de estar no salón de Plenos os cativos baixaron ata a praza do Concello. Os nenos e nenas puideron montar nun dos coches da Policía Local de Ames. Isto foi unha das actividades que máis lles gustou da visita, pois resultoulles moi emocionante poder conectar o sistema de alarmas do coche e ver as súas luces funcionando.

Na escola infantil municipal A Madalena realizan diferentes saídas ao longo do curso. Todas as actividades deste programa teñen como obxectivo achegar aos nenos e nenas ao seu exterior máis inmediato, así como ensinarlle o funcionamento de distintos organismos que son fundamentais para a súa vida diaria, como a Policía Local, grupo indispensable na protección e atención ao cidadán, tal como aprenderon esta mañá os nenos/as.

Un grupo de 60 nenos e nenas de 2 a 3 anos da escola infantil municipal A Madalena visitaron esta mañá a Casa do Concello. O motivo da visita foi instrutivo e lúdico á vez. Esta actividade enmárcase dentro do programa Coñecendo o contorno máis próximo. A visita comezou no salón de Plenos onde os 60 nenos e nenas que participaron nesta visita foron recibidos polo alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, e a concelleira de Cultura e Benestar Social, María Eugenia Martín.

Os nenos e nenas ocuparon por un día os espazos de responsabilidade dos maiores, amosándose encantados con esta iniciativa e sentáronse nas diversas butacas do salón de Plenos. De seguido, o alumnado da Madalena fíxolle entrega dun pequeno agasallo ao alcalde feito na escola para que o teña de recordo. Os nenos/as fixeron un cadro moi colorido co logotipo da escola infantil da Madalena. Este cadro foi elaborado polos nenos e nenas nas aulas da escola. O goberno municipal tamén lle entregou un estuche con lapis de cores como agasallo aos nenos e nenas que hoxe visitaron a Casa do Concello.