Pestanas principais

Os nenos e nenas da escola infantil municipal A Madalena recibiron a Papá Noel

Venres, 23 de decembro de 2011

[23-12-2011] Os nenos e nenas da escola infantil municipal A Madalena recibiron a visita de Papá Noel que chegou á escola cargado de agasallos para todos/as. En total máis de 100 nenos e nenas dende os seis meses ata os tres anos recibiron con ilusión a visita do Papá Noel que estivo en todas as clases e deixoulles un agasallo a cada un dos cativos. Segundo as profesoras os nenos reaccionaron a esta visita con gran ilusión e sorpresa. O Papá Noel da Madalena foi o papá dunha das nenas que vai á escola infantil.