Pestanas principais

Os nenos e nenas da escola infantil municipal da Madalena reciben a visita da Policía Local de Ames

Luns, 20 de marzo de 2017

[20-03-2017] Os nenos e nenas da escola infantil municipal A Madalena están traballando coa temática dos oficios durante este mes de marzo. Dentro desta unidade didáctica enmárcase a visita que lle fixeron os axentes da Policía Local de Ames ao alumnos alumnas de 2 a 3 anos deste centro educativo. Ademais, ao longo destes días coñecerán a outras persoas que teñen outras profesións e oficios e que irán pasando pola escola.

Os rapaces e rapazas da escola infantil municipal da Madalena, do Milladoiro, tiveron unha visita moi especial. Dous axentes da Policía Local de Ames achegáronse ata este centro educativo para falarlles da súa profesión. Ademais, mostráronlle aos alumnos e alumnas a súa identificación, o seu uniforme, o silvato policial, e mailas esposas que sempre levan con eles. Os nenos e as nenas quixeron probalas para comprobar o seu funcionamento. Trala conversa ambos axentes ensináronlle aos pequenos e pequenas como se acendían as luces do coche policial e permitíronlles falar pola radio.

Por outra banda, os membros da Policía Local axudáronlle aos nenos e nenas a atopar a Dino Dani, que quedara perdido no parque. Os axentes policiais que pasaron por alí atopárono e trouxérono de novo para a escola da Madalena. Deste xeito, trátase de facerlle entender aos nenos e nenas que os axentes están para axudalos e que se algún día se perden, sempre poden acudir a eles para que atopen aos seus pais. Foi unha actividade que está enmarcada dentro da unidade didáctica dos oficios que se desenvolve durante todo o mes neste centro educativo.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "La policía de Ames se acerca a los niños"