Pestanas principais

Os nenos e nenas amienses cantaron panxoliñas de Nadal polas rúas e establecementos comerciais do Milladoiro

Sábado, 21 de decembro de 2013

[21-12-2013] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, co opoio económico da Deputación da Coruña, desenvolveu durante esta mañá no Milladoiro o obradoiro “Imos cantar o Nadal”. Nesta iniciativa, que está incluída na programación municipal de Nadal, participaron varios nenos e nenas desta localidade, que acompañados dos seus familiares, elaboraron os instrumentos que posteriormente empregaron para cantar panxoliñas polas rúas e establecementos comercias e hostaleiros do Milladoiro. Esta mesma actividade desenvolverase o sábado, 4 de xaneiro, en Bertamiráns.

Esta mesma actividade desenvolverase o sábado, 4 de xaneiro, en Bertamiráns. O prazo de inscrición para participar no obradoiro de Bertamiráns remata o xoves 2 de xaneiro. Para calquera aclaración sobre o desenvolvemento desta actividade e para realizar as correspondentes inscricións, poden poñerse en contacto co persoal da Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, chamando ao número de teléfono 981 883 002 ou enviando un correo electrónico ao enderezo guiadecompras@concellodeames.org.


O local que está anexo á biblioteca municipal do Milladoiro acolleu esta mañá o obradoiro Imos cantar o Nadal. Esta actividade comezou arredor das 10:30 horas coa recepción das familias amienses que participaron nesta iniciativa, que está incluída na programación municipal de Nadal. Des seguido, os participantes comezaron a construír os seus propios instrumentos co obxectivo de empregalos no momento de cantar as panxoliñas. Ademais, fixeron unha recuperación dos contos de Nadal e de Reis e prepararon varias panxoliñas.

Posteriormente, ás 12:00 horas, os nenos e nenas, acompañados dos seus familiares, saíron a rúa para cantarlle o Nadal aos veciños e veciñas do Milladoiro. Deste xeito, cantaron varias panxoliñas polas rúas e nalgúns establecementos comerciais e hostaleiros desta localidade. Os participantes recibiron varias lambonadas en compensación polas súas cancións. Unha vez rematou o paseo polas rúas do Milladoiro os rapaces e rapazas volveron para o anexo da biblioteca municipal e alí fixeron unha merenda cos aguinaldos conseguidos.