Pestanas principais

Os nenos da Escola de Verán de Bertamiráns divertíronse na festa da auga

Venres, 12 de agosto de 2011

[12-08-2011] Os nenos e nenas que asisten a escola de verán de Bertamiráns puideron gozar este xoves dunha grata xornada no Pazo da Peregrina, onde participaron na festa da auga. Entre risas, e moita auga, pasaron unha gran mañá amenizada por diversos xogos. Este é o primeiro ano que se celebra ao grande esta pequena festa, que seguro terá continuidade en sucesivas edicións da Escola de Verán.

Ledicia, ganas de pasalo ben e moita auga. Con estas palabras se poden resumir a xornada que viviron este xoves, 11 de agosto, os pequenos que acoden diariamente a Escola de Verán de Bertamiráns. Ir ata o Pazo da Peregrina é unha visita ineludible para os nenos e nenas todos os veráns, pero este ano ofreceulles un encanto maior. Nas pasadas edicións ao realizar a visita e se había bo tempo, facíanse xogos con globos de auga. Pero nesta edición, avisouse xa os cativos e cativas para que foran preparados con bañadores e xoguetes (sobre todo pistolas) para combater a calor destes días.

Ademais, o mes de agosto está dedicado na Escola de Verán a coida do planeta, e a auga tiña que estar presente nel, máis aínda co bo tempo que estamos a ter nestes días. A esta actividade uniránselle outras como a fabricación de papel reciclado para realizar diversos xoguetes, como un tres en raia, e tamén realizaranse monicreques con calcetíns, cos cales máis tarde se fará un pequeno teatro.


O máis importante desta xornada, segundo os monitores que tamén gozaron deste día, era a oportunidade de facer algo diferente, tendo en conta que o San Roque está moi próximo e é o patrón da auga. Por iso esta actividade, que se realiza como un acto simbólico e que tamén garda relación con outras festas da auga que se celebran ao longo de Galicia, como o caso de Vilagarcía.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Festa da Auga en A Peregrina"
El Correo Gallego: "El programa Escola de Verán dedicó una jornada al agua"