Pestanas principais

Os músicos de Ames xa poden volver a reservar A Factoría

Mércores, 25 de agosto de 2021

Dende o 15 de xullo, os músicos e músicas de Ames xa poden reservar o local municipal A Factoría enviando a solicitude a través do correo electrónico omix@concellodeames.gal. Polo menos, un dos/as seus/súas integrantes debe estar empadroado en Ames e o grupo debe estar dado de alta no censo municipal de artistas do concello. As instalación teñen un novo horario que é, de luns a venres, de 10.00 a 22.00 horas.

A Concellaría de Mocidade pon de novo a disposición dos grupos musicais do concello un equipamento municipal cos obxectivos de facilitar un espazo para o ensaio musical da cidadanía do Concello, fomentar a práctica musical da mocidade de Ames e contribuír a unha maior formación musical e técnica dos grupos que fan uso deste equipamento.

Ademais, preténdese crear unha plataforma de encontro da mocidade para o intercambio de experiencias musicais que promovan un ocio xuvenil creativo e organizar eventos coa mocidade e difundir entre a cidadanía os aspectos positivos da cultura musical da xente nova.

Para poder reservar o local, polo menos, un dos/as seus/súas integrantes debe estar empadroado en Ames e o grupo debe estar dado de alta no censo municipal de artistas do concello. O horario do local de ensaio será o solicitado polos grupos musicais entre as 10h e as 22h sempre e cando non estean organizadas outras actividades, polo propio Concello.

Unha vez enviada a solicitude, a concellería de mocidade entregará á persoa solicitante unha autorización do uso das instalacións indicadas, na que figurará o nome do grupo solicitante, o nome do seu representante, o seu DNI, relación das persoas que compoñen o grupo, días e horas nas que está autorizado o uso dos locais e a sala a utilizar, etc.

Os grupos interesados en seguir ensaiando na Factoría deberán renovar a solicitude anualmente.

Calquera dúbida ou consulta poden contactar co departamento de Mocidade no correo electrónico omix@concellodeames.gal.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames recupera la actividad cultural en A Factoría, que reabre para ensayos musicales"

A Factoría

Multimedia

  • A Factoría
  • A Factoría
  • A Factoría