Pestanas principais

Os lugares de Oca e Lapido celebran as súas festas

Venres, 22 de setembro de 2017

[22-09-2017] O vindeiro sábado, 23 de setembro, o lugar de Oca, na parroquia de Ames, celebra as súas festas na honra da Virxe do Corpiño. O lugar de Lapido, en Ortoño, celébraas tamén este sábado en honor á Virxe das Mercedes. As dúas festividades inclúen misas e actuacións musicais.

O lugar de Oca, na parroquia de Ames, conmemora á Virxe do Corpiño este sábado, 23 de setembro. Faino coa celebración de varias misas ao longo do día. A primeira celebrarase ás 10:00h, seguida doutras dúas ás 11:00h e ás 12:00 horas. Posteriormente, ás 13:00 horas, haberá unha misa cantada. Os festexos tamén incluirán un pasarrúas, a partir das 11:30 horas, da man da banda de gaitas Colexiata de Sar. Tamén haberá sesión vermú e verbena pola noite, a partir das 23:00 horas, co trío Soprano.

En Lapido, na parroquia de Ortoño, celébranse as festas na honra da Virxe das Mercedes. A primeira hora haberá lanzamento de bombas de palenque. Tamén haberá unha misa cantada, seguida dunha procesión, a partir das 12:30 horas. A celebración tamén contará coa actuación do grupo de gaitas Os Castros.