[06-05-2013] O pavillón polideportivo de Bertamiráns acolleu, este sábado pasado, unha nova edición do Torneo de Karate Concello de Ames, no que se deron cita 7 clubs de Ames e da comarca. Arredor de 150 deportistas competiron nas categorías de benxamín, alevín, infantil, xuvenil e cadete (feminino e masculino). O torneo estivo dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 15 anos que competiron nas modalidade de kata individual e kumite. Cómpre salientar os bos resultados obtidos polos/as karatekas do Club Deportivo Karate Ames, que conseguiron 19 trofeos dun total de 44. Esta competición estivo organizada polo Club Deportivo Karate Ames en colaboración coa Concellaría de Deportes.
Neste torneo participaron 7 clubs da comarca. Os clubs que participan nesta competición foron o Club Coto de Negreira, o Club Inmaculada de Santiago de Compostela, o Club Cluny, o Club Compañía de María, o Squash do Milladoiro, o Club Bembibre e o Club Deportivo Karate Ames. Os participantes de 4 a 15 anos de idade estiveron divididos en diferentes categorías. Os nenos e nenas das categorías benxamín, alevín, infantil, xuvenil e cadete participaron na modalidade de kata (formas), mentres que os rapaces e rapazas das categorías xuvenil e cadete competiron na modalidade de kumite. Houbo competición tanto na categoría feminina coma na masculina.
A competición levouse a cabo nas modalidades de kata (exhibición) e kumite (combate en xaponés). Na modalidade de kumite só participaron os rapaces e rapazas da categoría xuvenil e cadete. Na primeira modalidade os participantes competiron en solitario, nun exercicio individual cun contrincante imaxinario, levando a cabo movementos de defensa e contraataque. Neste tipo de exercicios mídese a potencia, a calidade técnica e a destreza do participante nos seus movementos. Na modalidade de kumite compítese en parellas, nun combate sen contacto entre ambos os dous membros. Os rapaces están en todo momento protexidos con casco, peto, luvas e outros elementos de seguridade. Ademais, está prohibido tocar o casco do rival, prevéndose sempre a protección da integridade física dos participantes.
19 trofeos para o Club Deportivo Karate Ames
Hai que destacar os bos resultados que conseguiron os/as karatekas do Club Deportivo Karate Ames, que conseguiron 19 trofeos dun total de 44. Na modalidade de kata os/as karatekas do Club Deportivo Karate Ames obtiveron os seguintes resultados: Martín Sanjorge Martínez (1º posto en kata benxamín masculino); Iago López García (2º posto en kata benxamín masculino); Diego Fernández Márquez (3º posto en kata benxamín masculino); Carolina Méndez Bernárdez (1º posto en kata benxamín feminino); Sara Mallo Román (2º posto kata benxamín feminino); Adrián Mallo Román (1º posto en kata alevín masculino); Nicolás Tajuelo Arenas (2º posto kata alevín masculino); Yago Moroño Lomba (3º posto en kata alevín masculino); Mateo Lorenzo Pérez (3º posto en kata alevín masculino); Ane Navarro Ayensa (1º posto en kata alevín feminino); Antón Riveiro Alonso (2º posto en kata infantil masculino); Pablo Rodríguez Rama (1º posto en kata xuvenil masculino); Irea López García (3º posto en kata xuvenil feminino); e Sergio Goyanes Pena (3º posto en kata cadete masculino).
Por outra banda, na modalidade de kumite os trofeos foron para Pablo Rodríguez Rama (1º posto en kumite xuvenil masculino); Francisco Javier Abel Grandío (3º posto en kumite xuvenil masculino); Jorge Jiménez Cunqueiro (2º posto en kumite cadete masculino); Manuel Gosende Framil (3º posto kumite cadete masculino) e Sergio Goyanes Pena (3º posto en kumite cadete masculino).






