[14-12-2018] Os/as integrantes da asociación Arcea – Adames, acompañados das súas monitoras, Natalia e Cristina; da concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo; do técnico municipal, Leonardo Pena; e da educadora familiar municipal, María José Gallardo; estiveron esta mañá nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, para decorar as árbores de Nadal colocadas en ditas instalacións.
Con motivo da chegada do Nadal, os/as integrantes da asociación Arcea – Adames, colaboraron esta mañá co Concello de Ames na colocación e adorno das árbores de Nadal das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. As caixas de agasallos, que están colocados ao pé da árbore, e mailas tarxetas con desexos para o novo ano, foron elaboradas polos membros de Arcea-Adames. Estiveron acompañados da concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo; e do técnico municipal, Leonardo Pena; e da educadora familiar municipal, María José Gallardo.
Esta entidade foi creada en 2003 como iniciativa de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual coa finalidade de adoptar todas as medidas que contribúan á mellora da calidade de vida destas persoas e a dos seus familiares. A través desta iniciativa trátase de involucrar a estas persoas nas actividades que se realizan dende o Concello co fin de que colaboren e poñan o seu gran de area.