[23-05-2014] Os 63 alumnos/as do IES de Ames (Bertamiráns) e do IES do Milladoiro que cursaron este ano segundo de bacharelato vestíronse de gala para asistir aos respectivos actos de graduacións, que se celebraron este venres pola tarde nos centros socioculturais de Bertamiráns e do Milladoiro. No IES de Ames graduáronse 53 alumnos/as, mentres que no IES do Milladoiro graduáronse 10 alumnos/as. Cómpre destacar que este é a primeira graduación que se realiza no IES do Milladoiro, que abriu as súas portas no mes de setembro de 2013. En ambos os dous actos houbo discursos de alumnos/as e profesores/as, a entrega de diplomas, e servíronse uns petiscos para rematar a festa.







Graduación do alumnado do IES do Milladoiro
Este venres pola tarde tamén se realizou a graduación dun grupo de 10 alumnos/as que cursaron o segundo curso de bacharelato no IES do Milladoiro. Cómpre destacar que este é a primeira graduación que se realiza no IES do Milladoiro, que abriu as súas portas no mes de setembro de 2013. O acto tamén comezou ás 19:00 horas e nel participaron alumnos/as, profesores/as e os familiares do alumnado que se graduou. A este acto tamén asistiu o concelleiro de Educación, Bernardo Moar.
Neste caso tamén houbo discursos por partes dos rapaces e rapazas que se graduaron e dos profesores do centro de ensino. Ademais, proxectouse un vídeo con fotografías da estadía dos alumnos/as no IES do Milladoiro. O acto, que se desenvolveu no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, rematou coa entrega de diplomas.
Por outra banda, interviron dous representantes dos alumnos de cada aula de segundo de bacharelato que relataron a súa experiencia e a dos seus compañeiros durante os seis anos que estiveron no IES de Ames. Tamén houbo tempo para a emoción xa que os rapaces e rapazas viron un vídeo con fotografías e diferentes momentos do seu paso polo instituto. Todas estas intervencións fóronse intercalando con distintas actuacións musicais que realizaron alumnos/as do IES de Ames.
Por último, os 53 alumnos/as que se graduaron foron pasando polo estrado para recoller o seu diploma. Os encargados de entregar os diplomas foron o alcalde de Ames, Santiago Amor, a directora do IES de Ames, Marisol Louro, e a presidenta da ANPA do IES de Ames, Fina Rella. A este acto tamén asistiron os concelleiros/as non adscritos Manuel Ferreiro e María González.
Os 53 alumnos e alumnas de segundo de bacharelato que forman a promoción 2008-2014 puxeron fin este venres pola tarde a súa estadía no IES de Ames co acto de graduación. Este é a sexto ano no que o instituto amiense realiza un acto de graduación para despedir ao seu alumnado de segundo de bacharelato. O acto comezou coa intervención da profesora Susa Fernández, que clausurou o curso escolar 2013-2014.
A continuación foi a quenda para o alumado do IES de Ames, que hoxe foi o verdadeiro protagonista deste acto. Primeiro interviron dúas ex-alumnas do IES de Ames, que lles explicaron aos rapaces e rapazas que se gradúan o que lles espera cando rematen segundo de bacharelato. Tamén contaron que visión teñen agora do IES de Ames, unha vez remataron os seus estudo neste centro de ensino.




