Pestanas principais

Os grupos Drexandrex e The Black Kimballs actuarán no Milladoiro o 12 de novembro e o 10 de decembro en Bertamiráns

Domingo, 06 de novembro de 2011

[06-11-2011] No pasado mes de outubro o Concello de Ames puxo en marcha a programación cultural de outono. Dentro desta programación de actividades inclúense exposicións, música, representacións teatrais, etc. Esta programación está repartida entre Bertamiráns e O Milladoiro. Ademais está pensada tanto para o público infantil como adulto. Deste xeito, os grupos Drexandrex e The Black Kimballs actuarán no Milladoiro o 12 de novembro e o 10 de decembro en Bertamiráns. Os concertos celebraranse nos auditorios das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro ás 20:00 horas.

O Concello de Ames ofrece a toda a veciñanza amiense unha ampla programación cultural para todos os públicos. A miúdo organízanse numerosas actividades nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. A estas actividades tamén se suman en moitas ocasións varias exposicións de pintura ou outro tipo de artes que normalmente se poden visitar no Pazo da Peregrina.

Deste xeito, a Concellaría de Cultura preparou para os meses de outono un programación cultural na que hai teatro, música, exposicións, etc. Durante os meses de novembro e decembro a veciñanza amiense poderá gozar de diferentes concertos nos auditorios das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Esta programación está pensada tanto para o público infantil como para as persoas adultas.

A programación musical comezará co grupo Drexandrex e co grupo The Black Kimballs que actuarán no Milladoiro o 12 de novembro e o 10 de decembro en Bertamiráns. Estes grupos amienses terán a oportunidade de presentar os seus últimos temas en directo ante o seus veciños e veciñas. Ambos os dous concertos serán ás 20:00 horas. A través desta iniciativa o Concello de Ames pretende achegar a música en directo a veciñanza amiense. Ademais, a estes grupos sérvelles de promoción e axuda para darse a coñecer.

Para a época de Nadal, o Concello de Ames, ten preparada unha programación especial na que haberá diferentes actuacións musicais. Esta programación darase a coñecer nas vindeiras semanas.

Programación teatral para decembro

Ademais, no mes de decembro haberá catro representacións teatrais. A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o 16 de decembro a representación da última obra da compañía Eme2, O florido pénsil. A compañía As Dríadas representará a obra IN-NOVA, Danza Moderna e Hip-Hop. Este espectáculo será representado na Casa da Cultura do Milladoiro o luns, 26 de decembro, ás 17:00 horas, e o xoves 29 de decembro na Casa da Cultura de Bertamiráns. Por último, o martes 27 de decembro, ás 17:00 horas, a compañía Teatro del Andamio representará a peza de teatro infantil Area e auga.