Pestanas principais

Os expertos teiman na relevancia educativa de poñer “límites” aos adolescentes

Venres, 03 de outubro de 2014

[03-10-2014] As IV Xornadas de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero, organizadas polo Concello de Ames, tiveron hoxe aos adolescentes como protagonistas. Os expertos coincidiron na relevancia educativa de poñer “límites” a nenos e mozos, así como “regras claras” tanto na casa coma no colexio. Na parte institucional interveu o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que manifestou unha “especial preocupación” do Goberno galego pola violencia de xénero, cuxos niveis cualificou de “absolutamente insoportables”. Neste sentido subliñou a importancia da “educación e prevención desde o principio, coa xente moza”.


Amor, humor, comunicación e límites, recomenda a experta Silvia Escribano
A experta en desenvolvemento persoal Silvia Escribano, que falou de educar para a igualdade emocional, recomenda aos pais amor, humor, comunicación e límites. “No se puede educar a gritos, hay que ganarse el respeto y practicar el compañerismo. Y esto debemos hacerlo con humor y paciencia. Pero, eso sí, hay que ponerles las reglas y los límites muy claros, tanto en casa como en el colegio. Información y congruencia, porque somos su ejemplo y su modelo de comportamiento social”.

Á pregunta de por que se avanzou tan pouco en materia de igualdade efectiva e real responde que se chegou tarde á educación e á prevención, de aí que Escribano aposte claramente polas aulas: “Educación emocional debería ser una asignatura más ya desde la etapa infantil”. Á hora de explicar que pasa coa busca da identidade persoal en que están inmersos os mozos/as, a experta lles di: “No tienes que convertirte en un adolescente de éxito, sino en un adulto”.

Tras aludir a que neste momento están en vigor quince ordes de alonxamento por violencia machista en Ames, destacou o papel dos concellos pola súa “proximidade” á xente. Pola súa parte, o alcalde de Ames, Santiago Amor, lembrou que Ames é o concello máis xove de Galicia, de aí que o espíritu da administración municipal sexa seguir “crecendo en igualdade” e expresar sempre de forma explícita o “rexeitamento” á violencia contra as mulleres. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o deputado provincial Ramón Tojo tamén participaron a mediodía na clausura deste cuarta edición.

“Los hacemos demasiado adultos cuando no lo son”, afirma Hermano Mayor
Pedro García Aguado, presentador do programa televisivo Hermano Mayor que emite Cuatro, conquistou aos rapaces desde o primeiro momento, e estes non dubidaron en facerlle preguntas directas e persoais sobre a súa vida pasada na que tivo problemas coas drogas e o alcol. “Me justificaba con el divorcio de mis padres”, dixo en repetidas ocasións, ata que se decatou de que a culpa non era de seus pais, precisou.

O popular presentador insiste con claridade na transcendencia educativa de poñer freo ao comportamento dos fillos: “La ausencia de límites y normas es una fuente de problemas. Hay que saber decir no, pero no con la boca pequeña, sino de forma firme. Y hay que actuar en consecuencia con autoridad, que no es lo mismo que autoritarismo”. Parécelle preocupante e significativo que o 16 por cento dos delictos de menores sexa violencia contra seus pais, e agrega que “vai en aumento” nas clases medias e baixas; de aí que fale da necesidade de “previr condutas tiránicas”.

Tamén fala de establecer límites aos pais, entre protexer e sobreprotexer aos fillos, e di que o camiño vai por ensinalos a que todos os seus actos, bos ou malos, sempre teñen consecuencias. Non ten dúbidas á hora de dicir que os pais deben “controlar” os dispositivos dixitais dos rapaces, revisando os seus contidos á menor sospeita ou só por tranquilidade: “Son menores y sus padres tienen la obligación de protegerlos”. En relación coa privacidade e a intimidade dos adolescentes conclúe: “Los hacemos demasiado adultos cuando no lo son”.



Contido relacionado


El Correo Gallego: "A educación xuvenil pecha a cita coa igualdade en Ames"