[08-08-2016] Os locais hostaleiros situados en Bertamiráns poderán ampliar o seu horario de peche nunha hora máis durante os días 9, 10, 11, 12, 13 e 14 de agosto de 2016 con motivo das festas da Peregrina.
Ante as solicitudes presentadas por varios establecementos hostaleiros de Bertamiráns para poder ampliar unha hora o seu horario de apertura durante as festas, o Concello realizou as xestións necesarias ante a Administración autonómica para acadar este permiso. A Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de comunicarlle ao Concello a concesión da ampliación dunha hora sobre os horarios límites de peche dos establecementos públicos de Bertamiráns durante os días 9, 10, 11, 12, 13 e 14 de agosto con ocasión das festas da Peregrina.




