Pestanas principais

Os establecementos hostaleiros de Bertamiráns poderán abrir unha hora máis con motivo das festas da Peregrina

Venres, 10 de agosto de 2012

[10-08-2012] Os locais hostaleiros situados en Bertamiráns poderán ampliar o seu horario de peche nunha hora desde hoxe e ata o domingo con motivo das festas da Peregrina grazas ás xestións realizadas polo Concello de Ames ante a delegación territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Ante as solicitudes presentadas por varios establecementos hostaleiros de Bertamiráns para poder ampliar unha hora o seu horario de apertura durante as festas, o Concello realizou as xestións necesarias ante a Administración autonómica para acadar este permiso. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de comunicarlle ao Concello a concesión da ampliación dunha hora sobre os horarios límites de peche dos establecementos públicos de Bertamiráns durante os días 10, 11 e 12 de agosto con ocasión das festas da Peregrina.