Pestanas principais

Os establecementos hostaleiros de Ames poderán abrir unha hora máis con motivo das festas do Nadal

Luns, 19 de decembro de 2016

[19-12-2016] Os locais hostaleiros, que conten con licenza en vigor, situados no municipio de Ames poderán ampliar o seu horario de peche nunha hora durante os días 23, 24, 30 e 31 de decembro de 2016, así como o 5 de xaneiro de 2017 con motivo das festas do Nadal debido ás xestións realizadas polo Concello de Ames ante a delegación territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Ante as solicitudes presentadas por varios establecementos hostaleiros de Ames para poder ampliar unha hora o seu horario de apertura durante as festas, o Concello de Ames realizou as xestións necesarias ante a Administración autonómica para acadar este permiso.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de comunicarlle ao Concello a concesión da ampliación dunha hora sobre os horarios límites de peche dos establecementos públicos de Ames durante os días 23, 24, 30 e 31 de decembro de 2016, así como o 5 de xaneiro de 2017 con motivo das festas do Nadal.

A concelleira de Promoción Económica, Isabel González, explica que “ante a solicitude de varios hostaleiros o Concello de Ames realizou as correspondentes xestións ante a Xunta de Galicia xa que a Administración local non ten competencias neste eido”. Isabel González tamén destacou que “cremos necesaria esta ampliación do horario durante as festas do Nadal, porque é un xeito de potenciar o sector hostaleiro.