Pestanas principais

Os establecementos hostaleiros de Ames poderán abrir unha hora máis con motivo das festas da Peregrina

Martes, 06 de agosto de 2019

Os locais hostaleiros, que conten con licenza en vigor, situados no municipio de Ames poderán ampliar o seu horario de peche nunha hora, sobre os horarios límite de peche establecidos para cada categoría de local. Este permiso foi concedido para os días 7, 8, 9, 10 e 11 de agosto de 2019 con motivo das festas da Peregrina, en Bertamiráns. A ampliación do horario foi concedido despois das xestións realizadas polo Concello de Ames ante a Xefatura territorial de Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Ante as solicitudes presentadas por varios establecementos hostaleiros de Ames para poder ampliar unha hora o seu horario de apertura durante as festas da Peregrina, o Concello de Ames realizou as xestións necesarias ante a Administración autonómica para acadar este permiso.

Deste xeito, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de comunicarlle ao Concello a concesión da ampliación dunha hora sobre os horarios límites de peche dos establecementos públicos de Ames durante os días 7, 8, 9, 10 e 11 de agosto de 2019 con motivo das festas da Peregrina que se celebran na localidade de Bertamiráns os días 10 e 11 de agosto.

Ligazóns:

Compostela 24 horas: "Os establecementos hosteleiros de Ames amplían o seu horario polas festas da Peregrina"

Os establecementos hostaleiros de Ames poderán abrir unha hora máis con motivo das festas da Peregrina