Venres, 09 de agosto de 2013
[09-08-2013] Os locais hostaleiros de Ames poderán ampliar o seu horario de peche nunha hora desde hoxe e ata o domingo con motivo das festas da Peregrina de Bertamiráns grazas ás xestións realizadas polo Concello de Ames ante a delegación territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
A Xunta de Galicia vén de comunicarlle ao Concello a concesión da ampliación dunha hora sobre os horarios límites de peche dos establecementos públicos de Bertamiráns durante os días 9, 10 e 11 de agosto con ocasión das festas da Peregrina.




