Mércores, 08 de maio de 2019
O pasado sábado celebrouse nas pistas da Malata de Ferrol o Campionato de Galicia por equipos sub16/sub20. Os dous equipos sub16 do Club Atletismo Millaraio, masculino e feminino, finalizaron segundos, nunha emocionante competición especialmente na categoría feminina, na que as rapazas finalizaron a tan só dez puntos do primeiro posto.
Moi destacable tamén foi a actuación na categoría sub20, na que participan conxuntamente atletas das categorías individuais sub18 e sub20. Esta categoría foi incluída por primeira vez esta tempada no club, e practicamente só con atletas sub18, o equipo masculino rematou quinto, sendo oitavo o feminino.





