Pestanas principais

Os días 12 e 15 de xuño, un Roteiro Maker con obradoiros tecnolóxicos visitará Bertamiráns e o Milladoiro

Mércores, 09 de xuño de 2021

O Roteiro Maker, unha furgoneta que organiza obradoiros gratuítos itinerantes relacionados coa tecnoloxía e o Camiño de Santiago, estará na Praza da Mahía en Bertamiráns, o sábado 12 de xuño, e no Milladoiro o martes 15, no aparcadoiro da Casa da Cultura. En ambos lugares o horario será de 17.00 a 19.00 horas. Durante as xornadas, os veciños e veciñas, de todas as idades, poderán participar. Trátase dunha iniciativa coa que colaboran a Concellaría de Promoción Económica xunto coa de Turismo.

Robótica, ciencia e tecnoloxía a á man de todas e todos. O Roterio Maker pretende achegar a ciencia e a tecnoloxía ofrecendo diferentes obradoiros gratuítos para tódolos públicos e nun formato innovador e divertido. Fará diversas paradas, ademais de en Ames, nos concellos Brión, Rois, Dumbría e Muros, entre outros. O Roteiro Maker conta con diferentes estacións nas que se desenvolven unha gran variedade de obradoiros de deseño e impresión 3D, electrónica básica, programación, robótica, realidade aumentada e moitísimo máis. Nesta edición faranse obradoiros relacionados co camiño de Santiago.

O concelleiro de Turismo, Manuel Lens: " O camiño ten vida e foi evolucionando ó longo da historia e adaptándose ós novos tempos, polo que é un sitio ideal para falar de tecnoloxía".

Pola súa banda, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, asegurou que: “Como membros da Rede Impulso, o concello de Ames pretende favorecer a imnovación e dar acceso ás novas tecnoloxías. Este roteiro quere crear sinerxias entre o Medio Ambiente e o mundo markert, dando a coñecer novas creacións entre a mocidade de Ames”.

Para máis información, pódese consultar na páxina web do Roteiro Maker.

Roteiro Maker

Multimedia

  • Roteiro Maker
  • Roteiro Maker