[23-02-2015] O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, mantivo esta mañá en Raxoi unha reunión co seu homólogo de Ames, Santiago Amor, na que ambos abordaron a posta en marcha e a potenciación de políticas coordinadas en materia de infraestruturas, mobilidade e servizos comúns a ambos concellos.
Os dous alcaldes comprometéronse a concretar nun acordo, que se asinará no mes de marzo, as actuacións que se consideran necesarias para mellorar as conexións entre Santiago e Ames, co obxectivo de promover un continuum urbano sen rupturas que priorice o servizo ao cidadán cun nivel de calidade homoxéneo.
O alcalde de Ames ofreceulle ao rexedor compostelán converterse nun aliado estratéxico da capital de Galicia na “consecución de melloras significativas nos ámbitos das comunicacións e os transportes, de cara a dinamizar a economía da área metropolitana de Santiago”.
Tamén abordaron a posibilidade de levar a cabo actuacións conxuntas para mellorar o Camiño Portugués, que atravesa ambos concellos, e no que están previstas intervencións de sinalización e adecentamento.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Santiago y Ames promoverán infraestructuras comunes"
La Voz de Galicia: "Compostela y Ames buscan fórmulas para cooperar en la prestación de servicios comunes"
La Voz de Galicia: "Santiago y Ames promoverán infraestructuras comunes"




