Pestanas principais

Os Concellos de Ames e Teo solicitan a colaboración da Deputación da Coruña para mellorar a seguridade peonil no lugar da Agrela

Martes, 28 de xaneiro de 2020

Esta maña representantes dos Concello de Ames e de Teo, así como da Deputación provincial da Coruña, estiveron na estrada provincial DP-0206 ao seu paso pola aldea da Agrela, pertencente á parroquia de Biduído. Os Concellos de Ames e Teo solicitan a colaboración da administración provincial para dotar de beirarrúas a esta vía, por ambas marxes da estrada, co obxectivo de mellorar a seguridade peonil, tanto dos/as veciños/as que transitan diariamente por este lugar como dos/as peregrinos/as, xa que por esta vía pasa o Camiño Portugués. Na actualidade a empresa Estudio Técnico está elaborando o proxecto e solicítaselle a Deputación que financie ditas obras, a través dalgún plan provincial.

En dita visita participaron do Concello de Ames, o alcalde, José Miñones, e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García; do Concello de Teo asistiron, a primeira tenente de alcaldía e concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, o concelleiro de Infraestruturas, Roberto Moñino, e o concelleiro de Servizos Básicos, José Manuel Elías. Por parte da Deputación da Coruña asistiu o deputado provincial de Vías e Obras, José Manuel Pequeño. Tamén asistiu un técnico da empresa Estudio Técnico Gallego, que se está ocupando de redactar o proxecto.   

A finalidade da visita foi solicitarlle á Deputación da Coruña colaboración para que financie, a través dalgún plan provincial, o proxecto de mellora da seguridade peonil na estrada provincial DP-0206, ao seu paso polo lugar da Agrela. Por este lugar discorre unha parte do Camiño Portugués ao seu paso por Ames. Debido ao incremento de peregrinos/as que realizan dito camiño e ao tránsito diario de veciños/as desta aldea, faise necesario dotar a esta vía de dúas beirarrúas, unha por cada marxe da estrada. Na actualidade existe unha beirarrúa por unha das marxes, pero había que acondicionala e construír unha nova pola outra marxe da estrada.

As beirarrúas construiríanse no termo municipal de Ames e de Teo, xa que a marxe esquerda da vía dirección O Milladoiro pertence ao termo municipal de Ames, mentres a marxe dereita é do municipio e Teo. Por iso este proxecto beneficiaría aos dous concellos. Unha vez rematado o proxecto enviaráselle á Deputación da Coruña para que os/as técnicos/as de dita administración o revisen e poidan dar unha resposta sobre a viabilidade de sufragar as devanditas obras.

 Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames y Teo forman piña para que la Diputación dote con aceras a A Agrela"

Compostela 24 horas: "Ames e Teo piden a Deputación a construcción dunha senda peonil no lugar da Agrela"

Imaxe da visita feita ao lugar de Agrela

Multimedia

  • Imaxe da visita feita ao lugar de Agrela
  • Imaxe da visita feita ao lugar de Agrela
  • A finalidade da visita foi solicitarlle á Deputación da Coruña colaboración para que financie, a través dalgún plan provincial, o proxecto de mellora da seguridade peonil na estrada provincial DP-0206, ao seu paso polo lugar da Agrela
  • A finalidade da visita foi solicitarlle á Deputación da Coruña colaboración para que financie, a través dalgún plan provincial, o proxecto de mellora da seguridade peonil na estrada provincial DP-0206, ao seu paso polo lugar da Agrela