[06-06-2014] O Concello de Ames, en colaboración co Concello de Negreira, ten previsto realizar unha actuación para limpar e acondicionar a contorna da Ponte Maceira. Estes traballos, que consistirán na limpeza e desbroce da maleza que hai nas marxes do río Tambre, realizaranse cando mellore o tempo e baixe o caudal do río. Esta actuación realizarase tendo en contra as directrices marcadas por Augas de Galicia, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Para elo, haberá que conservar a vexetación autóctona e a flora e fauna propia das ribeiras fluviais.
O Concello de Ames realiza todos os anos unha actuación na contorna da Ponte Maceira que engloba a limpeza e acondicionamento desta zona para que estea en perfectas condicións de cara a chegada do verán. Este ano, volveranse a repetir estes traballos de limpeza e acondicionamento. Para elo xa se tramitaron os permisos necesarios cos organismos competentes na materia, e na actualidade, estase agardando a que chegue o bo tempo e baixe o caudal do río Tambre para poder realizar os devanditos traballos. Esta actuación realizarase en colaboración co Concello de Negreira.
Estes traballos consistirán na limpeza e desbroce da maleza que hai nas marxes do río Tambre. Esta actuación realizarase tendo en contra as directrices marcadas por Augas de Galicia, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Para elo, haberá que conservar a vexetación autóctona e a flora e fauna propia das ribeiras fluviais.
Ademais, cómpre destacar que nos dous últimos anos realizáronse varias melloras neste lugar como foron a colocación de pedras no paseo; a limpeza e desbroce de vexetación; a instalación dun novo sistema de iluminación na ponte romana de Ponte Maceira, e outra actuacións que o Concello de Ames realiza periodicamente na contorna da Ponte Maceira.
Os traballos de instalación do novo sistema de iluminación, que se realizaron en setembro de 2013, consistiron na reposición de 10 balizas empotrables, colocadas na ponte e que se acenden todas as noites. Os operarios da brigada de obras do Concello de Ames encargáronse da colocación dos soportes das lámpadas, das bombillas de baixo consumo e do protector de aceiro inoxidable. En total, investíronse nestes traballos máis de 1.500 euros.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Ames y Negreira tan solo comprometen el desbroce vegetal de A Ponte Maceira"