Pestanas principais

Os Concellos de Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago promocionan a oficialidade do Camiño Inglés

Venres, 07 de setembro de 2018

[07-09-2018] Os regatistas da Solitaire Urgo Le Figaro exerceron de peregrinos en Santiago, visitando a capital de Galicia e tendo por escenario da foto oficial desta segunda etapa, a Catedral compostelá. Os regatistas de Le Figaro fixeron de peregrinos en Santiago dende a Ría de Muros-Noia. Gran expectación este sábado para a gran saída da terceira etapa ata Saint Gilles Croix de Vie. A concelleira de Turismo do Concello de Ames, Isabel González, asistiu a dito acto de promoción que se celebrou esta mañá, ás 12.30 horas, na praza do Obradoiro.

Representantes dos concellos de Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois, Santiago e das asociacións das rutas xacobeas, promocionaron a oficialidade do Camiño Inglés, apoiados pola organización da prestixiosa regata que descubriu durante a súa estancia na Ría de Muros-Noia un lugar, para moitos deles, descoñecido ata entón. 

Grazas á intervención da ARD (Asociación Rural de Desenvolvemento) a Regata A Solitaire Urgo Le Figaro tivo por porto de destino, da súa segunda etapa, á Ría da Estrela, cobrando un especial protagonismo, este sábado, coa saída do terceiro trazado que levará á frota de case 40 embarcacións ata a rexión francesa dos Países do Loira, tendo por porto de arribada o da poboación de Saint Gilles Croix de Vie, a unhas 440 millas náuticas (814 km.). 

Ás 12.30 horas, o Comité da regata ten previsto dar a saída a esta nova singradura, tendo por protagonista a bocana de entrada ao porto deportivo do Real Club Náutico Portosín. 

Parte como favorito o francés Sebastien Simon, do Bretagne CMB Performance, líder da clasificación xeral tras facerse coa segunda etapa da Ría de Muros-Noia. Séguenlle, completando o podio provisional nesta listaxe global, os tamén franceses Xavier Macaire, do Groupe Snef, e Anthony Marchand, do Groupe Royer- Secours Populaire, este último vencedor do primeiro trazado galo. 

A xornada compostelá finalizou nas instalacións do Real Club Náutico, coa entrega de premios aos vencedores da segunda etapa, con presenza dos cinco alcaldes da ARD, nun acto presidido pola Conselleira de Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Los concellos de la ruta por Noia del Camino Inglés piden su oficialidad"
El Correo Gallego: "Los peregrinos de Le Figaro despiden Galicia en Santiago"
Compostela 24 horas: "Os Concellos de Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago promocionan a oficialidade do Camiño Inglés”