Pestanas principais

Os cativos e cativas da EIM O Bosque convértense en expertos en seguridade viaria

Venres, 24 de maio de 2019

A seguridade viaria foi o tema central durante a primeira quincena de maio na escola infantil municipal O Bosque. Por elo, as cativas e cativos da escola realizaron distintas actividades para coñecer a fondo esta temática, e mesmo deseñaron o seu propio circuíto para poñer en práctica todo o aprendido sobre sinais, medidas de seguridade e prioridades. O bloque rematou coa visita da Policía Local de Ames.

Para converterse nun ou nunha cidadá responsable, é importante coñecer os dereitos e obrigacións de cada persoa para saber como se debe actuar en distintas circunstancias. Neste senso, a escola infantil municipal O Bosque destinou o primeiro trimestre do mes de maio a estudar a seguridade viaria, co obxectivo de que os cativos e cativas coñezan que deben facer como peóns e as regras que rexen a circulación dos vehículos pola vía pública.

Ao abeiro deste bloque temático, o alumnado achegouse as distintas sinais que informan a condutores e peóns e, ademais, deseñou un circuíto para poñer en práctica os coñecementos acadados. Así, as aulas convertéronse nas rúas dunha cidade nas que nenos e nenas conduciron os seus triciclos e correpasillos respectando as sinais que ían aparecendo ao seu paso.

As nenas e nenos tamén recibiron a visita de varios membros da Policía Local de Ames, que supervisaron a súa circulación para sinalarlles as posibles infraccións que puidesen cometer. Por último, como premio pola súa boa actitude como condutores/as, as cativas e cativos puideron subirse aos automóbiles policiais para ver como son por dentro, e mesmo facer soar a serea.

Os cativos e cativas da EIM O Bosque convértense en expertos en seguridade viaria

Multimedia

  • Os cativos e cativas da EIM O Bosque convértense en expertos en seguridade viaria