Pestanas principais

Os atletas do Ames Atletismo Savante logran 5 medallas no campionato galego de marcha en ruta

Sábado, 31 de xaneiro de 2026

Os/as atletas do Ames Atletismo Savante realizaron unha gran actuación no campionato galego de marcha en ruta celebrado o pasado domingo, 25 de xaneiro, en Marín. Participaron 6 atletas do club amesán que lograron un total de 5 medallas. Na proba de 10 km marcha, Nicolás Collazo conseguiu a medalla de ouro na categoría sub 20 masculina e o campionato galego absoluto, mentres que Nadir Moreira logrou a medalla de bronce, tamén na categoría sub 20. Na categoría feminina, Icía Ares logrou un dobre éxito coa medalla de ouro na categoría sub 20 e o subcampionato galego absoluto.

O club Ames Atletismo Savante obtivo moi resultados a pasada fin de semana en Marín no campionato galego de marcha en ruta. 

Na proba de 10 km marcha o club amesán estivo representado por tres atletas. Nicolás Collazo  conseguiu a medalla de ouro sub 20, e ademais, logrou ser campión galego absoluto. Nesta mesma proba, Nadir Moreira logrou a medalla de bronce na categoría sub 20.

Na categoría feminina Icía Ares tamén logrou un dobre éxito coa medalla de ouro na categoría sub 20 e o subcampionato galego absoluto. Grandes resultados para a sección de marcha dirixida por Mayka Jueguen.

Por outra banda, cómpre salientar o bo debut nas novas distancias de Julieta Rodriguez no 3000 marcha sub 14 femenino e Juan Pernas no 5000 marcha sub 16, onde logrou unha gran cuarta praza. Brillante cuarto lugar tamén de Adán García no 2000 marcha sub 12 entrando con forza na disciplina da marcha. 

Novas relacionadas

Diario de Santiago: "Os atletas do Ames Atletismo Savante logran 5 medallas no campionato galego de marcha en ruta"

Os atletas do Ames Atletismo Savante logran 5 medallas no campionato galego de marcha en ruta

Multimedia

  • Os atletas do Ames Atletismo Savante logran 5 medallas no campionato galego de marcha en ruta