[16-01-2014] Os institutos de ensinanza secundaria de Ames acolleron esta mañá senllas concentracións para condenar o acto de violencia de xénero rexistrado esta semana no concello lugués de Cervo. Decenas de alumnos/as dos IES de Ames-Bertamiráns e do Milladoiro concentráronse para amosar a súa repulsa a este acto, que acabou coa vida de dúas mulleres. Estes actos, que teñen como obxectivo concienciar aos máis novos do municipio sobre a importancia de erradicar esta lacra, tiveron lugar ás 11:30 horas no IES do Milladoiro e ás 12:30 horas no IES de Ames.
Ás concentracións, nas que se gardou un minuto de silencio, asistiron os directores dos dous centros, Marisol Louro e Rafael Baliñas; o alcalde de Ames, Santiago Amor, a concelleira de Benestar Social, María Eugenia Martín, e o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, así como outros concelleiros/as da Corporación municipal como Pilar Candocia, Susana Mayo, Isabel González e Francisco Villaverde.
A celebración destes actos nos institutos de Ames foi acordada na xornada de onte polos membros do Goberno e os concelleiros da oposición tras a concentración celebrada na Casa do Concello. O obxectivo é concienciar aos máis novos do municipio sobre a importancia de erradicar esta lacra.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Los institutos de Ames se concentran en repulsa por los crímenes de Cervo"
El Correo Gallego: "Os alumnos dos institutos de Ames concéntranse en sinal de repulsa polo acontecido en Cervo"




