Pestanas principais

Os alumnos do obradoiro de informática da Escola de Maiores reciben os diplomas de fin de curso

Venres, 29 de xuño de 2012

[29-06-2012] A concelleira de Cultura, Eugenia Martín, e o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, entregaron esta tarde na Casa da Cultura do Milladoiro os diplomas aos dez alumnos da Escola de Maiores que asistiron ao obradoiro de informática. No curso, os alumnos e alumnas profundizaron no seu coñecemento sobre internet e sobre o manexo do correo electrónico.

A actividade, que comezou no mes de xaneiro e rematará en xuño, desenvolveuse todos os venres entre as 17:00 e as 18:00 horas. O alumnado lembra ou aprende nocións sobre a rede, principalmente sobre o uso do correo electrónico. Ademais, traballan co procesador de textos LibreOffice, len a prensa a través da rede, aprenden a enviar postais dixitais ou calculan rutas para poder facer unha viaxe.

Os alumnos, algúns dos cales levan participando nestas xornadas durante máis de cinco anos, recordan ou aprenden nocións sobre internet, principalmente sobre o uso do correo electrónico. A maioría xa teñen a súa conta de correo e emprégana de xeito habitual, aínda que sempre lles xorden algunhas dúbidas derivadas do seu uso. 

Nas clases, os e as asistentes tamén len a prensa a través da rede, aprenden a enviar postais dixitais, visitan páxinas de museos, buscan receitas de cociña ou calculan rutas para poder facer unha viaxe. Ademais, os maiores tamén traballan co procesador de texto de LibreOffice. A través deste programa, e buscando unha temática axeitada para cada momento, ensináselles a crear un documento e darlle forma, a engadir táboas, inserir imaxes ou a darlle movemento a un texto.

Este curso forma parte da programación que desenvolve a Aula de Informática do Milladoiro todos os trimestres, unha programación que abrangue multitude de actividades co obxectivo de que a veciñanza amiense teña a oportunidade de mellorar os seus coñecementos de informática.