Pestanas principais

Os alcaldes de Ames e Brión visitan ao alumnado do InserAmes-Brión XI que está dirixido a mozos/as desempregados e menores de 30 anos

Martes, 07 de maio de 2019

Esta mañá os alcaldes de Ames, José Miñones, e de Brión, José Luis García, así como a concelleira de Promoción Económica, Isabel González, e os técnicos municipais de emprego, visitaron as instalación do Centro de Formación de Aldea Nova onde se está impartindo o programa integrado para o emprego “InserAmes-Brión XI”. Este programa, no que participan 100 mozos e mozas, está dirixido a persoas desempregadas menores de 30 anos. O InserAmes-Brión, que parte cun obxectivo de inserción do 40% sobre o total dos participantes, xa alcanzou o 34% de inserción de mozos e mozas na metade do programa.

O pasado mes de novembro, deu comezo unha nova edición do programa integrado para o emprego “InserAmes-Brión XI”, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polos concellos de Ames e Brión. Nesta ocasión aténdese a 100 participantes de ambos concellos, desempregados e menores de 30 anos. Dito programa desenvolverase ata o vindeiro 31 de outubro.

O obxectivo principal deste programa é a inserción laboral dos participantes ou, cando menos, mellorar a súa empregabilidade, a través da realización de diversos tipos de accións, adaptando o seu “itinerario” en función do seu perfil individual e as súas expectativas. O InserAmes-Brión, que parte cun obxectivo de inserción do 40% sobre o total dos participantes, xa alcanzou o 34% de inserción de mozos e mozas na metade do programa.

Durante a visita, o alcalde de Ames, José Miñones, animou ao alumnado a aproveitar esta oportunidade porque “estades formándovos nun sector que precisa de profesionais cualificados como é o das enerxías renovables”. Ademais, destacou que “a pesar de que estamos no ecuador do programa, que rematará o vindeiro 31 de outubro, xa se alcanzou unha porcentaxe de inserción do 34%, o que indica que se superará o obxectivo inicial de inserción do 40%”.

O alcalde de Brión, José Luis García, tamén animou ao alumnado “a formarse o mellor posible e aproveitar as prácticas que terán en empresas, porque é o mellor currículo que podedes deixar nunha empresa para atopar emprego”.  Itinerarios formativos sectoriais
Durante o primeiro semestre de actividade, o persoal técnico do programa estivo traballando cos participantes na titorización individual para definir os itinerarios formativos sectoriais que se desenvolven ao longo do programa. Desde o mes de marzo, un grupo de participantes está formándose en Operacións básicas de mantemento de fontanería, calefacción, instalacións eléctricas e enerxías renovables, e ao seu remate realizarán prácticas formativas non laborais en empresas de ambos concellos co obxectivo final da súa inserción laboral.

Ademais, xa se realizaron 6 obradoiros de busca activa de emprego, nos que se traballaron as competencias e habilidades sociolaborais máis importantes, as ferramentas e recursos básicos para a procura de emprego e se practicaron os procesos de selección e as entrevistas de traballo.

Durante o mes de maio os participantes están traballando na definición do seu obxectivo profesional e na definición do seu plan de acción para a inserción laboral a través do curso de Coaching laboral e motivación para o emprego. Completarán esta formación cun obradoiro de Comunicación e Elevator Pitch, que se impartirá o 16 de maio, que está enfocado a superación de entrevistas de traballo.

Formación en idiomas
Por outra banda, impartirase formación en idiomas co curso de Inglés básico, que comezará o 13 de maio; e desenvolverase unha charla informativa, o 14 de maio, do Programa de mobilidade trasnacional xuvenil Galeuropa, para a realización de prácticas en países europeos, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Nas próximas semanas darán inicio progresivamente o resto de accións de formación para o emprego. Esta formación máis específica estrutúrase en itinerarios sectoriais, con cursos monográficos, prácticas non laborais e cursos complementarios dos seguintes sectores: itinerario de comercio (atención ao público, venta, reposición, escaparatismo...); itinerario de loxística (almacén, xestión de stocks, manexo de carretillas elevadoras...); itinerario de actividades de ocio e tempo libre (monitor de actividades de tempo libre, monitor de comedor e transporte escolar, dinamización de espazos de ocio infantil...); e itinerario de servizos (limpeza de edificios e locais, hoteis...).

Ligazóns:

 

Os alcaldes de Ames e Brión visitan ao alumnado do InserAmes-Brión XI que está dirixido a mozos/as desempregados e menores de 30 anos

Multimedia

  • Os alcaldes de Ames e Brión visitan ao alumnado do InserAmes-Brión XI que está dirixido a mozos/as desempregados e menores de 30 anos
  • Os alcaldes de Ames e Brión visitan ao alumnado do InserAmes-Brión XI que está dirixido a mozos/as desempregados e menores de 30 anos
  • Os alcaldes de Ames e Brión visitan ao alumnado do InserAmes-Brión XI que está dirixido a mozos/as desempregados e menores de 30 anos