[05-09-2015] Miñones e García reuníronse esta mesma semana para tratar a fórmula de xestión da nova Potabilizadora que en breve será entregada pola Xunta de Galicia. Nesta reunión acordaron solicitar unha reunión urxente con Augas de Galicia de cara a establecer o sistema de explotación.
A construcción da nova ETAP de Ames e Brión está chegando ao seu fin e en breves días será entregada aos Concellos por parte da Xunta de Galicia. En conversas telefónicas mantidas polo Alcalde de Ames co responsable do proxecto, a Xunta de Galicia non ten previsto facer a explotación desta infraestructura facendo entrega da mesma e deixando aos Concellos de Ames e Brión a fórmula de xestión. Ante esta afirmación os alcaldes destes Concellos queren manter unha reunión co Presidente de Augas de Galicia de maneira urxente de tal xeito que poidan coñecer de primeira man as intencións da Xunta e tratar de concretar a concesión da instalación, ase como solventar diferentes dúbidas que están enriba da mesa.
Tanto Jose Miñones como Jose Luis García entenden que a explotación da ETAP debería ser realizada pola Xunta de Galicia a través da mesma empresa que levou a cabo a súa construcción e durante o período de garantía de un ano. Creen os alcaldes que esta fórmula posibilitaría solventar calquer tipo de conflicto ou problema que se puidera dar como consecuencia do inicio dunha instalación deste calibre, e que ademais daría tempo para que ambos Concellos foran decidindo e estructurando o tipo de xestión despois do ano de servizo.
Os alcaldes esperan ser recibidos por Augas de Galicia o antes posible e trasladarán a proposta de que sexa a Xunta quen leve a explotación da instalación durante o primeiro ano. A urxencia desta reunión ven motivada pola inminente entrega da ETAP que se levará nestes mesmo mes, ase como pola situación particular e excepcional do Concello de Ames no que a empresa que presta o servizo remata o contrato a finais do vindeiro mes.
Ciclo integral da auga en Ames
O Concello de Ames ademais está inmerso no proceso de contratación do ciclo integral da auga que remata o vindeiro 31 de Outubro coa empresa que presta o servizo actual polo periodo de nove meses. Para o Alcalde de Ames a situación de ter que xestionar paralelamente a explotación da ETAP co ciclo integral complicaría sobremaneira o proceso de contratación que se está a estudar e dilatando mais no tempo a resolución do mesmo.
Para Miñones a prioridade do Goberno pasa por ter acadada unha solución o mais axiña posible para a prestación do servizo durante os vindeiros anos nos que se levará a cabo o estudio de municipalización e xestión pública do servizo. "O Goberno quere que o cilo integral da auga sexa un servizo público e para iso debemos poñer en marcha un estudio serio e pormenorizado que permita coñecer a mellor fórmula para levalo a cabo", afirma o Alcalde.
Os prazos cos que se conta dende a Administración local son moi xustos e o goberno lamenta que todos estes pasos que agora se estám a dar non foran iniciados moito antes durante a etapa do goberno anterior e tal como se solicitou dende a oposición. O Goberno trasladará nunha nova reunión na vindeira semana á Comisión da auga, na que están todos os grupos da oposición, toda a información recollida e os trámites realizados, ase como as ofertas das empresas de asesoramento que foron consultadas para a realización dos pregos e a valoración das ofertas da hipotética licitación.