[04-08-2014] Durante os meses de xullo e agosto o Concello de Ames, a través da concellaría de Educación, está desenvolvendo o programa lúdico da Escola de Verán. Este servizo permite a conciliación da vida familiar e laboral e está destinado a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria. Durante o mes de xullo participaron neste programa 285 rapaces e rapazas (125 en Bertamiráns e 160 no Milladoiro), mentres que no mes e agosto acudirán á Escola de Verán 147 nenos e nenas (68 en Bertamiráns e 79 no Milladoiro). As actividades do mes de xullo remataron o pasado xoves, 31 de decembro, cunha festa na que os usuarios deste servizo participaron nunha festa da auga.

Actividades do mes de agosto
Para o mes de agosto hai outras dúas temáticas diferentes. Durante a primeira quincena de agosto o tema será Imaxinarte... coa música. Neste caso visitarán o museo interactivo da Domus da Coruña no que realizarán diferentes actividades relacionadas co corpo humano e outras actividades musicais relacionadas cos sons do corpo.
Por último, na segunda quincena de agosto a temática será Imaxinarte... coa expresión. Nesta quincena está previsto que se realice unha excursión ao Zoolóxico de Vigo, para que os nenos e nenas se interesen pola expresión dos animais e na que, ademais, participarán en xogos de expresión e diferentes desafíos.
Para o mes de agosto está previsto que participen na Escola de Verán un total de 147 nenos nenas (68 en Bertamiráns e 79 no Milladoiro). O obxectivo deste servizo é que sexa unha alternativa para que os nenos/os pasen as súas vacacións dun xeito divertido e educativo. Ademais permítelles ás nais e aos pais conciliar a vida laboral e familiar.
A Escola de verán está dirixida aos nenos e nenas que cursaron segundo ciclo de infantil e educación primaria. Durante o mes de agosto, en Bertamiráns, as actividades desenvólvense para todos os rapaces e durante todos os horarios no edificio de educación infantil do CEIP A Maía (situado á dereita da entrada do centro de ensino), mentres que no Milladoiro lévanse a cabo na Escola de Educación Infantil do Milladoiro e no pavillón polideportivo desta localidade.
Este ano a temática deste programa lúdico xira arredor do tema Imaxinarte... O programa de Escola de Verán está dividido en catro grandes bloques que se corresponden coas quincenas de xullo e agosto. Deste xeito, durante a primeira quincena de xullo abordouse o tema titulado Imaxinarte... doutras cores. Durante esta quincena os nenos e nenas foron de excursión ao museo Eugenio Granell de Santiago de Compostela, onde os menores participaron en obradoiros programados polo museo e en diferentes xogos exteriores.
A temática da segunda quincena de xullo foi Imaxinarte... doutras formas. Durante este período os usuarios/as deste servizo participaron nunha excursión a área recreativa de Chaian. A través desta actividade pretendeuse que os rapaces e rapazas establecesen un contacto directo co medio natural. Neste caso os nenos e nenas participaron nunha xincana denominada Pontes que unen a natureza e noutras actividades de observación a través do debuxo creativo.
Durante o mes de xullo participaron neste programa 285 rapaces e rapazas (125 en Bertamiráns e 160 no Milladoiro). As actividades do mes de xullo remataron o pasado xoves, 31 de decembro, cunha festa na que os usuarios deste servizo participaron nunha festa da auga. Aproveitando o día de calor que fixo o pasado xoves, os rapaces e rapazas puideron mollarse con pistolas de auga e realizaron varios xogos de auga.




