Pestanas principais

Os 240 nenos/as que participan no Nadal lúdico despiden o ano cunha gran festa no pavillón do Milladoiro

Venres, 30 de decembro de 2011

[30-12-2011] Coas vacacións de Nadal chegou tamén ao Concello de Ames o programa Nadal lúdico, grazas ao cal, dende o 22 de decembro e ata o 5 de xaneiro, os pais con cativos entre 3 e 12 anos poden conciliar a súa vida laboral e familiar. Así, preto de 240 nenos e nenas teñen a oportunidade de gozar das actividades e obradoiros deste programa, que teñen por obxectivo mantelos entretidos e ocupados, mentres que os pais e nais están traballando. Este venres, 30 decembro ás 12:00 h da mañá, os nenos/as que participan no Nadal lúdico despediron o ano ao son das doce baladas no pavillón do Milladoiro. Os rapaces e rapazas comeron gusanitos en vez de uvas. Foi a primeira vez que se xuntaron os rapaces e rapazas dos lúdicos de Bertamiráns e do Milladoiro para celebrar a festa de fin de ano. O alcalde de Ames, Santiago Amor, acompañado de varios concelleiro/as asistiron a festa de fin de ano do Nadal lúdico.


No pavillón do Milladoiro tamén houbo un paxe real. Ao rematar as badaladas os nenos/as puideron deixarlle as cartas, que lle escribiron aos Reis Magos, para que a noite do 5 de xaneiro lles traían os agasallos que lles pediron. A esta festa tamén acudiron varios membros do goberno local. O alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Cultura, Educación e Patrimonio, Alfonso Rey, o concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, Bernardo Moar, o concelleiro de Vías, Obras, Parques e Xardíns, Alfredo Taboada, e a concelleira de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude, María González, tamén comeron gusanitos, ao igual que os nenos/as, para despedir o ano.

Cómpre lembrar que o Nadal lúdico desenvólvese tanto no Milladoiro coma en Bertamiráns. No Milladoiro son 146 os nenos e nenas que participan no programa lúdico, mentres que en Bertamiráns son 91. En Bertamiráns os nenos/as desenvolven as actividades do Nadal lúdico no CEIP A Maía, mentres que no Milladoiro os nenos/as de educación infantil están na EEI Milladoiro e os rapaces e rapazas de educación primaria no pavillón polideportivo.


Como xa vén sendo tradicional todos os anos os nenos e nenas que participan no Nadal lúdico adiántanse ao resto de veciños e veciñas de Ames na celebración da festa de fin de ano. Deste xeito, os monitores e monitoras que xestionan as actividades do Nadal lúdico prepararon unha festa de fin de ano para todos os cativos/as que participan neste programa lúdico. A festa de fin de ano celebrouse este venres 30 de decembro, ás 12:00 h da mañá, no pavillón do Milladoiro. Foi a primeira vez que se xuntaron os rapaces e rapazas dos lúdicos de Bertamiráns e do Milladoiro para celebrar a festa de fin de ano.

Polo tanto, xuntáronse no Milladoiro preto de 240 rapaces e rapazas. Os nenos e nenas que participan no Nadal lúdico de Bertamiráns foron en autobús ata o pavillón do Milladoiro, mentres que os nenos/as que están na Escola de Educación Infantil do Milladoiro achegáronse ata o pavillón desta localidade andando. Os rapaces e rapazas comeron gusanitos en vez de uvas. Debido a que neste programa participan moitos nenos/as de 3 e 4 anos, os monitores/as decidiron que comeran gusanitos xa que é unha lambonada fácil de tragar sen correr o risco de que ningún neno se atragantase. Ademais, estes gusanitos eran aptos para todos aqueles rapaces ou rapazas que sofren alerxias ou intolerancia a algún produto alimenticio.