Pestanas principais

Os 240 neno/as que participan no Nadal lúdico despiden o ano ao son das doce baladas no pavillón do Milladoiro

Xoves, 29 de decembro de 2011

[29-12-2011] Coas vacacións de Nadal chegou tamén ao Concello de Ames o programa Nadal lúdico, grazas ao cal, dende o 22 de decembro e ata o 5 de xaneiro, os pais con cativos entre 3 e 12 anos poden conciliar a súa vida laboral e familiar. Así, preto de 240 nenos e nenas teñen a oportunidade de gozar das actividades e obradoiros deste programa, que teñen por obxectivo mantelos entretidos e ocupados, mentres que os pais e nais están traballando. Este venres, 30 decembro ás 12:00 h da mañá, os nenos/as que participan no Nadal lúdico van despedir o ano ao son das doce baladas no pavillón do Milladoiro. Os rapaces e rapazas comerán gusanitos en vez de uvas. Será a primeira vez que se xuntan os rapaces e rapazas dos lúdicos de Bertamiráns e do Milladoiro para celebrar a festa de fin de ano. O alcalde de Ames, Santiago Amor, acompañado de varios concelleiro/as asistirán a festa de fin de ano do Nadal lúdico.

Como xa vén sendo tradicional todos os anos os nenos e nenas que participan no Nadal lúdico adiántanse ao resto de veciños e veciñas de Ames na celebración da festa de fin de ano. Deste xeito, os monitores e monitoras que xestionan as actividades do Nadal lúdico teñen preparada unha festa de fin de ano para todos os cativos/as que participan neste programa lúdico. A festa de fin de ano será este venres 30 de decembro, ás 12:00 h da mañá, no pavillón do Milladoiro. Será a primeira vez que se xuntan os rapaces e rapazas dos lúdicos de Bertamiráns e do Milladoiro para celebrar a festa de fin de ano.

Polo tanto, xuntaranse no Milladoiro preto de 240 rapaces e rapazas. Os nenos e nenas que participan no Nadal lúdico de Bertamiráns irán en autobús atara o pavillón do Milladoiro, mentres que os nenos/as que están na Escola de Educación Infantil do Milladoiro achegaranse ata o pavillón desta localidade andando. Os rapaces e rapazas comerán gusanitos en vez de uvas. Debido a que neste programa participan moitos nenos/as de 3 e 4 anos, os monitores/as decidiron que comerían gusanitos xa que é unha lambonada fácil de tragar sen correr o risco de que ningún neno se atragante. Ademais, este gusanitos serán aptos para todos aqueles rapaces ou rapazas que sufran alerxias ou intolerancia a algún produto alimenticio.

No pavillón do Milladoiro tamén haberá paxes reais. Ao rematar as badaladas os nenos/as poderán deixarlle as cartas, que lle escribiron aos Reis Magos, para que a noite do 5 de xaneiro lles traían os agasallos que lles pediron. Cómpre lembrar que O Nadal lúdico desenvólvese tanto no Milladoiro coma en Bertamiráns. No Milladoiro son 146 os nenos e nenas que participan no programa lúdico, mentres que en Bertamiráns son 91.