[07-01-2013] Baixo o lema Un Nadal de conto o Concello de Ames desenvolveu durante os meses de decembro e xaneiro unha nova edición do programa Nadal lúdico. Este servizo desenvolveuse os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e o 2, 3, 4 e 7 de xaneiro e estivo dirixido aos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Todos os días os monitores contáronlle un conto aos rapaces e rapazas. Tamén puideron participar en diferentes obradoiros para facer unha guirnalda de Nadal, uns monecos dos Reis Magos e de Papá Noel, así como lle escribiron a carta aos Reis Magos e celebraron unha festa de fin de ano na que comeron gusanitos en vez de uvas. Hoxe remata este programa con actividades de globoflexia, maquillaxe e xogos con paracaídas.


Durante este días os nenos e nenas participaron en numerosas actividades. Todos os días os rapaces e as rapazas escoitaron un conto a través dos cales se lle transmitiu valores como a xenerosidade e o compañeirismo, entre outros. Ademais, participaron en diferentes obradoiros nos que elaboraron uns pequenos monecos dos Reis Magos, unha guirnalda de Nadal, uns renos, varios adornos pa decorar unha árbore de Nadal, monecos de Papá Noel, etc. Na elaboración desta adornos empregaron pinzas de madeira, algodón, cartón... O pasado 31 de decembro tamén celebraron unha festa de fin de ano no auditorio da Casa da Cultura do Miladoiro onde comeron gusanitos en vez de uvas.
Na última xornada do Nadal lúdico os nenos e nenas participaron nunha festa na que houbo actividades de globoflexia e obradoiros de maquillaxe. Os nenos e nenas puideron pintar a cara con motivos coloridos e alegres. Tamén realizaron xogos con paracaídas. Este ano este programa tivo como lema Un Nadal de conto.
Hoxe rematan as vacacións de Nadal e ao mesmo tempo ponse punto e final a unha nova edición do programa Nadal lúdico. Este servizo, que estivo dirixido aos nenos e nenas que teñen de 3 a 12 anos, desenvolveuse entre o 24 de decembro e o 7 de xaneiro de 7:30 h a 16:00 horas. A través deste programa os pais e nais poden conciliar a vida familiar e laboral ao tempo que os seus fillos/as se divirten xogando e realizando diferentes obradoiros.
Cómpre lembrar que o Nadal lúdico desenvolveuse tanto no Milladoiro coma en Bertamiráns. No Milladoiro foron 125 os nenos e nenas que participaron no programa lúdico, mentres que en Bertamiráns foron 65. En Bertamiráns os nenos/as desenvolveron as actividades do Nadal lúdico no CEIP A Maía, mentres que no Milladoiro os nenos/as de educación infantil estiveron na EEI Milladoiro e os rapaces e rapazas de educación primaria na Casa da Cultura.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Últimos coletazos para los programas festivos de Terras"




