Pestanas principais

Ortoño viaxou á época do Xabarín Club na segunda xornada dos Seráns de Ames

Venres, 11 de xullo de 2025

Este xoves, o campo da festa de Ortoño acolleu a segunda xornada do programa “Seráns de Ames”, unha iniciativa que se desenvolve durante seis xoves dos meses de xullo e agosto e que traerá ao rural amesán diferentes actividades culturais. Nesta segunda proposta do programa, os veciños e veciñas que se achegaron ata Ortoño puideron viaxar ata os anos 80 e 90 rememorando a época do Xabarín Club. 

Este xoves, os veciños e veciñas que se achegaron ata o campo da festa de Ortoño puideron gozar e rememorar os temas da época do Xabarín Club co espectáculo musical “Lembra Xabarín”, incluído dentro do programa “Seráns de Ames”. 

Como preludio á XIX Festa do Chourizo ao Viño, que se celebra en Ortoño este domingo, a parroquia amesá viaxou ata os anos 80 e 90 coa actuación musical “Lembra Xabarín”, unha proposta artística que combinou música, identidade e lingua, dirixida para todos os públicos. Deste xeito, os adultos puideron rememorar a icónica época do Xabarín Club e, polo seu lado, os máis pequenos da casa puideron descubrir unha gran etapa da música e cultura en galego. 

Ao longo do serán, os veciños e veciñas gozaron dos temas de Herdeiros da Crus, Aerolíneas Federales, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Victor Coyote, Blood Filloas, La Marabunta ou Siniestro Total.

Programación dos “Seráns de Ames”
Deste xeito, a programación dos Seráns de Ames no mes de xullo pecharase o vindeiro día 17, tamén ás 20.00 horas, no campo da festa de Covas, unha das parroquias que se estrean neste programa. Nesta xornada haberá dúas propostas. Unha delas, será o concerto do grupo de mozos amesáns Teen, cun estilo musical máis instrumental, e a continuación, será a quenda de Ginko Biloba, un grupo formado no 2024 que combina sons máis actuais coma do indie ou electrónica, coa música tradicional. 

A programación do mes de agosto dará comezo o xoves 14, ás 20.00 horas, no campo da festa de Trasmonte, coa actuación de Pablo Balseiro & Los Cascarillas. Balseiro, músico e compositor dende os 14 anos, ten participado en numerosos proxectos e con bandas ao longo da súa traxectoria profesional, e acumula ás súas costas máis de 600 concertos ás súas costas. 

Así mesmo, a carballeira de Bugallido acollerá o día 21 de agosto, ás 20.00 horas, o espectáculo dirixido para todos os públicos do grupo formado polas ex-integrantes de Leilía, Montse Ribera e Mercedes Prieto, As Armadanzas “Do Courel ao Condado”. Nesta proposta, farase unha viaxe por todo o folclore galego, interpretando pezas de diferentes localidades galegas.

Como vén sendo habitual, a praia fluvial de Tapia tamén será o escenario escollido para pechar os Seráns de Ames. Nesta ocasión, a derradeira xornada do programa terá lugar o xoves 28 de agosto, a partir das 17.30 horas, con dúas actividades. A primeira delas, será Xogos miudiño, dirixida para as crianzas. Xa ás 19.30 horas, pecharanse os Seráns de Ames coa actuación musical de Mary Iglesias.

Novas relacionadas: 

Diario de Santiago: "Ortoño viaxou á época do Xabarín Club na segunda xornada dos Seráns de Ames"

Ortoño viaxou á época do Xabarín Club na segunda xornada dos Seráns de Ames

Multimedia

  • Ortoño viaxou á época do Xabarín Club na segunda xornada dos Seráns de Ames