[06-12-2011] A aula de informática do Milladoiro acolleu este luns, dende as 9:30 h ata as 13:30 horas, un curso de busca de emprego a través da internet. Este obradoiro estivo dirixido a persoas inmigrantes (comunitarias e non comunitarias) que residen no territorio municipal de Ames e que están nestes momento sen emprego. A través deste obradoiro fórmase a estas persoas para que saiban que técnicas teñen que empregar na busca de emprego a través da internet. Nesta xornada formativa, que tivo unha duración de catro horas, participaron un total de 10 persoas. Anteriormente, o pasado 30 de novembro, realizouse un obradoiro de busca de emprego pero dirixido a mulleres inmigrantes extracomunitarias. Estes cursos son financiados pola Xunta de Galicia.
A poboación inmigrante empadroada no Concello de Ames multiplicouse por dez durante a última década. Deste xeito, reflíctese unha realidade social que está en continuo movemento e na que se contempla a diversidade étnica, cultural e lingüística dun novo marco de convivencia. Cunha sociedade cada vez máis diversa e complexa é necesario conseguir unha convivencia intercultural en todos os ámbitos da vida. Co obxectivo de contribuír a integración da poboación inmigrante que reside no territorio municipal de Ames organizouse o obradoiro "Formación en busca de emprego a través de internet".
Este obradoiro desenvolveuse este luns 5 de decembro na aula de informática do Milladoiro, en horario de mañá, dende as 9:30 h ata as 13:30 horas. O curso estivo dirixido á poboación inmigrante do concello (homes e mulleres inmigrantes extracomunitarios e comunitarios). A través deste obradoiro fórmanse a estas persoas para que coñezan as diferentes técnicas que teñen que empregar na busca de emprego a través da internet. Nesta iniciativa formativa, que ten un duración de catro horas, participaron un total de 10 persoas inmigrantes.




