Pestanas principais

Organízase para o día 20 de marzo unha ruta de sendeirismo polo termo municipal de Teo

Mércores, 16 de marzo de 2011

[16-03-2011] O sendeirismo é unha das actividades que máis favorecen o contacto co medio. Así, o Concello de Ames promove unha ruta de sendeirismo polo termo municipal de Teo. Esta actividade levárase a cabo o domingo 20 de marzo. Realizarase un percorrido de 14 quilómetros dunha dificultade media-baixa dende a Igrexa de Luou ata o lugar de Loureiro para volver finalmente á Igrexa, o que suporá unhas 4 horas camiñando. Todos os interesados/as poden inscribirse no departamento de Deportes ata ás 14:00 horas do día 18 de marzo. Esta nova excursión enmárcase dentro do programa Espazos Naturais de Galicia.