[13-12-2018] O IV Campus de fútbol sala, organizado polo FC Meigas e mailas Escolas de fútbol sala Trasgos, en colaboración co Concello de Ames, terá lugar os días 26, 27 e 28 de decembro, en horario de 10.00h a 14.00 horas, no pavillón de Bertamiráns. Dirixido a nenas e nenos nados do 2002 ao 2013, o campus contará con servizo de gardería, de 9.00h a 10.00 e de 14.00 a 14.30 horas. Para participar é preciso inscribirse, chamando ao número de teléfono 670 51 81 20 ou enviando un correo electrónico a calquera dos seguintes enderezos: fcmeigas@gmail.com ou efstrasgos@gmail.com.

Tras o éxito dos anteriores campus de fútbol sala, o FC Meigas e mailas EFS Trasgos, están organizando un novo campus, en colaboración co Concello de Ames. A iniciativa suporá unha oportunidade para gozar do fútbol sala, baixo a responsabilidade de adestradores e monitores profesionais, que farán que as nenas e nenos participantes teñan mañás cheas de diversión, actividades e aprendizaxe.
O IV Campus de fútbol sala desenvolverase os días o 26, 27 e 28 de decembro, no pavillón municipal de Bertamiráns, en horario de 10.00h a 14.00 horas. Haberá servizo de gardería de 9.00h a 10.00 e de 14.00 a 14.30 horas.
Esta actividade está dirixida a nenas e nenos nados do 2002 e o 2013. A inscrición nesta actividade pódese facer a través dos enderezos de correo electrónico fcmeigas@gmail.com ou efstrasgos@gmail.com. Tamén se pode efectuar, chamando ao número de teléfono 670 51 81 20. Existen un número máximo de 50 prazas dispoñibles. O prezo por participante é de 40 euros, cun desconto de 5€ para as nenas e nenos do FC Meigas e das EFS Trasgos. Para obter máis información sobre esta actividade, pódese visitar a páxina web www.fcmeigas.com.
O principal obxectivo desta actividade é o de combinar os aspectos lúdicos coa aprendizaxe de diferentes elementos do fútbol sala. Tamén haberá actividades de baloncesto, voleibol, balonmán, colpbol e outro tipo de xogos. Alén diso, outro dos elementos chave do campus é o de fomentar os valores ligados ao deporte e, especialmente, o de potenciar a igualdade de xénero neste ámbito.
Contido relacionado

Compostela 24 Horas: "Organízase para este Nadal o IV Campus Meigas de Trasgos de fútbol sala"




